Diferenzas entre revisións de «Universo»

Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
(Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
Universo é unha palabra derivada do [[latín]] que á súa vez provén de ''unus'' ('un', no sentido de 'único') e ''versus'' ('desenvolvido, posto xunto'). Con todo, o termo "universo" pode ser utilizado en sentidos contextuais lixeiramente diferentes, para referirse a conceptos como o cosmos, o mundo ou a [[natureza]].
 
Observacións [[astronomía|astronómicas]] indican que o universo ten unha idade de 13,73 ± 0,12 [[mil millóns|millardos]] de anos e polo menos 93 000 millóns de [[ano luz|anos luz]] de extensión.<ref>Lineweaver, Charles; Tamara M. Davis (2005). [http://www.sciam.com/article.cfm?id=misconceptions-about-the-2005-03&catID=2&pageNumber=5 Misconceptions about the Big Bang]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}. [[Scientific American]]. Enlace verificado [[31 de marzo]] de [[2008]].</ref> O evento que se cre que deu inicio ao universo denomínase ''[[Big Bang]]''. Naquel instante toda a materia e a enerxía do universo observable estaba concentrada nun punto de [[densidade]] infinita. Despois do ''Big Bang'', o universo comezou a expandirse para chegar á súa condición actual, e continúa facéndoo.
 
Debido a que, segundo a [[Relatividade especial|teoría da relatividade especial]], a materia non pode moverse a unha velocidade superior á [[velocidade da luz]], pode parecer paradoxal que dous obxectos do universo puidesen separarse 93 mil millóns de anos luz nun tempo de unicamente 13 mil millóns de anos; con todo, esta separación non entra en conflito coa [[relatividade xeral|teoría da relatividade xeral]], xa que esta só afecta ao movemento no espazo, pero non ao espazo mesmo, que pode estenderse a un ritmo superior, non limitado pola velocidade da luz. Polo tanto, dúas [[galaxia]]s poden separarse unha da outra máis rapidamente que a velocidade da luz se é o espazo entre elas o que se dilata.
147.124

edicións