Traxano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 49:
Os sete anos seguintes, Traxano gobernou como un emperador civil, pero co mesmo éxito que antes. Tolerou a incipiente relixión cristiá sempre que non se promocionase en público; construíu varios edificios novos, monumentos e estradas en Italia e a súa Hispania natal (como a Vía Traxana e a Vía Traxana Nova). Un acto destacado de Traxano foi celebrar uns xogos de gladiadores de tres meses no gran Coliseo de Roma, aínda que a data exacta descoñécese. Combinando carreiras de carros, loita con animais e loitas de gladiadores, díxose que este espectáculo sanguento deixara 11.000 mortos, na súa maioría escravos e criminais, amais dos miles de bestas feroces mortas canda eles. Atraeu a un total de cinco millóns de espectadores ao longo dos xogos.
 
Outro acto importante foi a creación formal dos ''alimenta'', un programa de benestar que axudaba a nenos orfos e pobres por todo o Imperio: proporcionaba fondos xerais, así como comida e educación subvencionada, que foi apoiado inicialmente polos fondos da guerra dacia, e máis tarde por unha combinación de impostos estatais e de filantropía<ref>{{cita web|url=http://tjbuggey.ancients.info/Alimenta.html|título=Alimenta|dataacceso=2009|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140210160453/http://tjbuggey.ancients.info/Alimenta.html|dataarquivo=10 de febreiro de 2014|urlmorta=si}}</ref>. Favorecía ao tempo o desenvolvemento da natalidade, que caera até índices alarmantes, de maneira que se corría o perigo de que houbese escaseza de soldados. Con iso ponse en evidencia que Traxano non concentrou as súas enerxías e as do Imperio só en campañas militares e a construción de edificios públicos: tamén foi un cauteloso estadista e filántropo, interesado nas condicións de vida dos seus cidadáns e por tanto atento ás reformas sociais e políticas.
 
En materia xudicial, diminuíu os tempos dos procesos, prohibiu as acusacións anónimas e mais as condenas con falta de probas sólidas ou en presenza de calquera dúbida.