Tifo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 20:
 
== Historia ==
O tifo causou grandes epidemias con elevada mortaldade durante a [[Idade Media]] e ata o [[século XIX]], con elevada mortalidade. As últimas grandes epidemias ocorreron durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. A primeira [[vacina]] efectiva contra o tifo foi desenvolvida polo [[parasitólogo]] polaco [[Rudolf Weigl]], grazas á creación dunha cepa de piollos especial chamada [[Pediculidae|Pediculus vestimenti]], que era fácil de alimentar. Esta cepa foi o resultado do cruzamento de especies de piollos caucásicas e africanas. Weigl tamén inventou un mecanismo que permitía criar piollos en granxas coa finalidade de conseguir suficiente cantidade de bacterias ''Rickettsia'' como para producir a vacina. Durante a Segunda Guerra Mundial desenvolvéronse outras vacinas mellores, máis seguras e baratas.<ref>[http://entomology.montana.edu/historybug/TYPHUS-Conlon.pdf The Historical Impact of Epidemic Typhus] {{Webarchive|url=https://www.webcitation.org/5lHkenkBs?url=http://entomology.montana.edu/historybug/TYPHUS-Conlon.pdf |date=14 de novembro de 2009 }}. Joseph M. Conlon.</ref>
 
Inicialmente o tifo (infección por ''Rickettsia'') e as febres tifoides (infección por [[Salmonella Typhi|''Salmonella'' Tiphy]]) eran consideradas unha mesma enfermidade, pero foron distinguidas como doenzas separadas xa no século XIX. Por tanto, houbo durante un tempo unha certa sinonimia confusa entre elas, pero o sentido da distinción moderna é o indicado. Nalgunhas linguas como o alemán chaman typhus á doenza producida polas salmonelas.