Diferenzas entre revisións de «Guerra civil española»

sen resumo de edición
m (ct, cc)
 
== Preparativos ==
A conspiración contra a República comezou no mesmo momento no que se deu a coñecer o pacto dos partidos da esquerda para formaren a [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]] que había concorrer ás eleccións do [[16 de febreiro]], formouse unha xunta de xenerais encabezada por [[Manuel Goded]] e tras o triunfo da Fronte Popular os rumores de golpe de Estado percorreron as rúas madrileñas mentres os militares presionaban sobre o presidente do goberno en funcións [[Manuel Portela Valladares]] para que declarase o estado de guerra, Portela sen chegar a declaralo dimitiu o [[19 de febreiro]], formando Azaña un novo goberno que envía aos militares que máis se destacaran na conxura fóra de Madrid, Franco a [[Canarias]], Goded a [[Mallorca]] e Mola a [[Pamplona]]. O [[9 de marzo]] nunha xuntanza en Madrid na que participaron entre outros Franco, Mola, Orgaz, Fanjul e Valentín Galarza acordan comezar os preparativos para unha sublevación militar e dar a xefatura do movemento a [[José Sanjurjo]], Mola enviado a Pamplona, convértese no verdadeiro reitor da conspiración, crea unha rede de axentes para preparala, entre os que salienta [[Queipo de Llano]], inspector dos carabineiros, e conecta cos carlistas que estaban preparando a súa propia insurrección para a que crearan unha [[Xunta Suprema Militar Carlista]] e Franco tras unha entrevista con [[José Antonio Primo de Rivera]] asegurábase a participación da [[Falanxe Española]] vital para crear un clima de inestabilidade antes da sublevación.
==Comezo==
No principio do alzamento, España viuse dividida en dúas zonas segundo a facción que tiña o control: a republicana, principalmente no levante, fiel á [[II República española]], e a nacional no occidente, constituída polos partidarios do golpe de estado. Tras cinco días, o protectorado en [[Marrocos]], [[Canarias]], [[Baleares]], [[Galicia]], [[Logroño]], [[Aragón]] e [[Navarra]] enfrontábanse a [[Asturias]], [[Cantabria]], [[Euskadi]], (nas súas maiores cidades, non no rural) [[Menorca]], [[Cataluña]], [[Andalucía]] e [[Murcia]]. Os pretextos do bando sublevado foron o desgoberno e os resultados dos partidos da esquerda (coligados no partido chamado [[Frente Popular]]) nas eleccións de maio de [[1936]], que achegaban o risco dunha revolución social [[Comunismo|comunista]] e a ruptura da unidade española por mor dos estatutos de [[autonomía]]; pero, en realidade, o alzamento resulta ser consecuencia dunha tensión social -a das dúas Españas- entre a parte conservadora do país ([[Falanxe]] e [[Igrexa]] católica), que ía indefectiblemente perdendo os seus privilexios, e a toma do poder por parte da esquerda ([[nacionalismo|nacionalistas]], [[comunismo|comunistas]] e [[anarquismo|anarquistas]]).
4.047

edicións