Taenia saginata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *proglótides
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 25:
O estóbilo de ''T. saginata'' é o maior do xénero ''[[Taenia]]'' en número de segmentos, e consta de 1000 a 2000 proglotes e ten cor abrancazada. Pode vivir 25 anos no intestino do hóspede.<ref name="Bog">Bogitsh BJ, Carter CE (2005). ''Human Parasitology, 3rd Edition''. Academic Press, pp. 273-277. ISBN 0-12-088468-2</ref> Como os outros cestodos carece de [[aparato dixestivo]], boca ou ano.<ref name="schmidt">Roberts L, Janovy JrJ, Schmidt GD (2005). ''Foundations of Parasitology (8th edn).'' McGraw-Hill Companies, Inc., New York. ISBN 0-07-128458-3</ref>
 
As formas intermedias larvarias son de tipo [[cisticerco]], e coñécense tradicionalmente como ''Cysticercus bovis''; teñen o aspecto dunha vesícula de forma ovoide, miden 6–8&nbsp;mm por 3–5&nbsp;mm, posúen unha parede delgada, translúcida que encerra un líquido lixeiramente rosa, con trazas de [[mioglobina]]. Nun punto da superficie, entre o ecuador e un dos dous polos, hai un punto opaco que corresponde ao [[escólex]] invaxinado que está desprovisto de [[rostelo]] e ganchos, pero ten catro ventosas fortes de forma elíptica de 800 [[μm]] no seu eixe maior.<ref>Centro de Estudios Científicos y Tecnológicos "Diodoro Antunez Echegaray". [http://www.cecyt15.ipn.mx/polilibros/parasit/UNIDAD6/Taesagina.html] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120116195809/http://www.cecyt15.ipn.mx/polilibros/parasit/UNIDAD6/Taesagina.html |date=16 de xaneiro de 2012 }}</ref>
 
== Ciclo biolóxico ==
[[Ficheiro:Taenia saginata LifeCycle gl.jpg|miniatura|dereita|300px|Ciclo de vida de ''T. saginata''.]]
Os ovos, que conteñen a [[oncosfera]], teñen características moi parecidas aos de ''T. solium'', dos cales son practicamente imposibles de diferenciar ao microscopio óptico. Encóntranse nas proglotes que saen coas [[feces]], xeralmente en cadeas de 4 a 5 segmentos. Pode ocorrer a inxestión completa dos mesmos por [[porco|cochos]] ou [[can]]s [[coprofaxia|coprófagos]] ou ter lugar a súa destrución por putrefacción da envoltura, coa conseguinte liberación dos ovos ao medio ambiente, onde contaminan a [[auga]] e os [[alimento]]s que inxiren os [[hóspede]]s intermediarios, neste caso o gando [[vacún]]. No tracto dixestivo as oncosferas son liberadas por acción dixestiva; unha vez libres atravesan a parede do [[intestino]] e por vía sanguínea ou linfática dispérsanse practicamente por todo o organismo, onde se transforman en [[cisticerco]]s despois duns tres meses. Invaden en especial o [[tecido muscular estriado]], particularmente os músculos [[maseter]], [[corazón]], [[lingua (anatomía)|lingua]], [[costas]], [[Músculo diafragma|diafragma]] e intercostais. En menor grao ocupan o [[esófago]], a [[graxa]] do [[fígado]], [[pulmón]]s, os [[ganglio linfático|ganglios linfáticos]] e o tecido celular subcutáneo, dando orixe á [[cisticercose]] bovina. A esta forma enquistada chamóuselle tradicionalmente ''Cysticercus bovis'' ou ''inermis''. Cando estes cisticercos viables (metacestodos, ou formas larvarias ou intermedias) son inxeridos polo ser humano coa [[carne]], ou outros tecidos crus ou pouco cocidos, o protoescólex que conteñen sae da súa envoltura, evaxínase e fíxase á [[mucosa intestinal|parede intestinal]], dando orixe ao parasito adulto, e despois de tres meses obsérvase a eliminación de proglotes grávidas ou período prepatente.<ref>[{{Cita web |url=http://www.path.cam.ac.uk/~schisto/Tapes/Taenia.html |título=University of Cambridge: Department of Pathology] |data-acceso=28 de xullo de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070810145214/http://www.path.cam.ac.uk/~schisto/Tapes/Taenia.html |dataarquivo=10 de agosto de 2007 |urlmorta=si }}</ref>
 
Ademais do gando bovino, sinálanse como hóspedes intermedios a [[ovino]]s, [[caprino]]s, [[llamas]] e outros [[ruminante]]s, aínda que é dubidoso.