Suecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Recuperando 11 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 95:
A guerra de Gustavo II Adolfo en contra do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] tivo un alto custo para este último, morrendo un terzo da súa poboación, e conquistando Suecia preto da metade dos estados que o compuñan. O plan de Gustavo II Adolfo era converterse no novo emperador do Sacro Imperio, sobre a base da unidade entre [[Escandinavia]] e os estados xermánicos. Porén, despois da súa morte en [[1632]] na batalla de Lützen, os reveses comezaron a sucederse. Despois da batalla de Nördlingen a esperanza de controlar os estados xermánicos volveuse improbable, e as provincias conquistadas separáronse do dominio sueco unha a unha, deixando a Suecia con só un par de territorios ao norte de [[Alemaña]]: [[Pomerania|Pomerania Sueca]], [[Bremen|Bremen-Verden]] e [[Wismar]].
 
Suecia alcanzou a súa máxima expansión territorial baixo o reinado de [[Carlos X de Suecia]] (1622-1660) despois do Tratado de Roskilde en [[1658]].<ref name="HayesPSH">[{{Cita web |url=http://infomotions.com/etexts/gutenberg/dirs/etext04/7hsr110.htm |título=A Political and Social History of Modern Europe] |data-acceso=15 de decembro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071117105207/http://infomotions.com/etexts/gutenberg/dirs/etext04/7hsr110.htm |dataarquivo=17 de novembro de 2007 |urlmorta=si }}</ref><ref>Con todo, a máxima extensión rexistrouse entre 1319 e 1343 con Magnus Eriksson, abarcando os territorios tradicionais de Suecia e Noruega.</ref> O rei [[Gustavo I de Suecia|Gustavo I]], a mediados do [[século XIV]] converteu ao país ao [[protestantismo]] e fixo unha exitosa reforma na economía.<ref name="GusEB">[{{Cita web |url=http://concise.britannica.com/ebc/article-9366349/Gustav-I-Vasa |título=EBConcise-Gustav-I-Vasa Enciclopedia Britannica Online] |data-acceso=15 de decembro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20060621135137/http://concise.britannica.com/ebc/article-9366349/Gustav-I-Vasa |dataarquivo=21 de xuño de 2006 |urlmorta=si }}</ref> O [[século XVII]] viu a Suecia envolvida en varias guerras, como a que sostivo en contra de [[Polonia]]-[[Lituania]], con ambos os bandos competindo polos territorios dos [[Países Bálticos]], sendo a batalla de Kircholm unha das peores derrotas suecas.<ref>[http://www.kismeta.com/digrasse/images/kircholm_27_sept.htm Batalla de Kircholm 1605]</ref> Este período tamén foi testemuña de "A Inundación", a invasión sueca da Unión de [[Polonia]]-[[Lituania]]. Despois de máis de medio século dunha guerra case constante, a economía sueca deteriorouse seriamente. Reconstruír a economía e recuperar o poder militar converteríase nun labor que se estendería durante toda a vida do sucesor de Carlos X, [[Carlos XI de Suecia]]. O legado para o seu fillo, o seguinte rei de Suecia [[Carlos XII de Suecia|Carlos XII]], foi un dos mellores arsenais no mundo, un exército numeroso e unha gran frota.
[[Ficheiro:Gustav II of Sweden.jpg|miniatura|esquerda|Gustavo II Adolfo de Suecia.]]
Despois da batalla de Narva en [[1700]], unha das primeiras batallas da gran guerra do Norte o exército ruso, peor equipado e adestrado, e moi desmoralizado pola retirada de [[Pedro I de Rusia|Pedro I]] antes da batalla, foi severamente danado, dándolle a Suecia a oportunidade de invadir Rusia. Con todo, Carlos XII non perseguiu ao exército ruso senón que se dirixiu Polonia-Lituania e derrotou ao rei [[Polonia|polaco]] Augusto II e aos seus aliados saxóns na batalla de Kliszow en [[1702]]. Despois da exitosa invasión a Polonia, Carlos XII tiña preparado o terreo para invadir Rusia atacando a súa capital, [[Moscova]], dende [[Ucraína]]. Ademais do seu exército contaba coa axuda de preto de dous mil [[cosacos]] ucraínos, mais nesta ocasión o exército [[tsar]]ista estaba mellor preparado e motivado, e despois de acosar aos invasores cos xinetes [[cosacos]] e minguar as súas subministracións con técnicas de terra queimada, [[Pedro I de Rusia|Pedro I]] derrotou decisivamente aos suecos na batalla de Poltava en [[1709]]. Os suecos foron perseguidos rendéndose tres días despois en Perevolochna. Esta derrota significou o comezo do fin do Imperio sueco.
Liña 145:
A maior parte de Suecia posúe un clima tépedo, a pesar da súa latitude, con catro estaciones diferentes e temperaturas tépedas todo o ano. O país pode ser dividido en tres tipos de clima: a parte sur cun [[clima oceánico]], a parte central cun [[clima continental|clima húmido continental]] e a parte norte cun clima boreal. Con todo, Suecia é máis cálida e seca que outros lugares de latitudes similares e doutras mesmo máis ao sur, debido principalmente á [[corrente do Golfo]].<ref>[http://www.bbc.co.uk/climate/impact/gulf_stream.shtml BBC Weather]</ref><ref>[http://www.ldeo.columbia.edu/res/div/ocp/gs The Gulf Stream Myth]</ref> Por exemplo, o centro e sur do país teñen invernos máis cálidos que moitas partes de Rusia, Canadá e Estados Unidos.<ref>[http://www.fao.org/WAICENT/FAOINFO/SUSTDEV/EIdirect/climate/EIsp0002.htm título Mapa do clima mundial]</ref> Debido á súa localización, a duración do día varía enormemente. Ao norte do [[Círculo Polar Ártico]], o sol nunca se pon nalgúns días do verán, e nalgúns días de inverno nunca amence. O día en Estocolmo dura máis de 18 horas a finais de xuño, pero só ao redor de 6 horas a finais de decembro. Gran parte do territorio sueco recibe entre 1.600 e 2.000 horas de luz solar anualmente.
 
A temperatura varía de norte ao sur. A parte central e sur do país ten veráns cálidos e invernos fríos, con temperaturas máximas entre 20 a 25&nbsp;°C e mínimas entre 12 e 15&nbsp;°C durante o verán; e unha temperatura media de -4 a 2&nbsp;°C no inverno. Pola súa banda, a parte norte do país ten veráns máis curtos e frescos, e invernos máis longos e fríos con temperaturas usualmente baixo o punto de conxelación desde setembro até maio. Ondas de calor ocorren ocasionalmente, e temperaturas por encima dos 25&nbsp;°C preséntanse durante varios días no verán, ás veces até na parte norte do país. A temperatura máis alta rexistrada en Suecia foi de 38&nbsp;°C en Målilla, en [[1947]], mentres a temperatura máis baixa foi de -52,6&nbsp;°C en Vuoggatjålme en [[1966]].<ref>[{{Cita web |url=http://www.smhi.se/cmp/jsp/polopoly.jsp?d=7522&a=20978&l=sv |título=Instituto de Meteoroloxía de Suecia] |data-acceso=18 de decembro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20081228105150/http://www.smhi.se/cmp/jsp/polopoly.jsp?d=7522&a=20978&l=sv |dataarquivo=28 de decembro de 2008 |urlmorta=si }}</ref>
 
De media, a maior parte de Suecia recibe entre 500 e 800&nbsp;mm de precipitación cada ano, facendo ao país considerablemente máis seco que a media mundial. O suroeste é a rexión do país con máis precipitacións, entre 1000 e 1200&nbsp;mm, e nalgunhas zonas montañosas do norte estímase que se reciben máis de 2000&nbsp;mm de precipitacións. As nevadas ocorren de decembro a marzo no sur, de novembro a abril no centro e de outubro a maio no norte de Suecia. A pesar da súa situación xeográfica, a parte central e sur do país tenden a estar virtualmente libres de neve.
Liña 410:
{{Artigo principal|Demografía de Suecia}}
[[Ficheiro:Kalmar Castle.jpg|miniatura|dereita|Castelo Kalmar]]
Suecia ten unha das maiores esperanzas de vida do mundo. O [[4 de agosto]] do ano [[2004]], a poboación de Suecia pasou a barreira dos nove millóns segundo o SCB. En setembro do [[2013]], a poboación era de 9.625.444<ref>[{{Cita web |url=http://www.scb.se/sv_/Hitta-statistik/Statistik-efter-amne/Befolkning/Befolkningens-sammansattning/Befolkningsstatistik/25788/25795/Kvartals--och-halvarsstatistik---Kommun-lan-och-riket/Kvartal-3-2013/ |título=Datos de poboación da oficina de estatísticas de Suecia ] |data-acceso=13 de marzo de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20131223020533/http://www.scb.se/sv_/Hitta-statistik/Statistik-efter-amne/Befolkning/Befolkningens-sammansattning/Befolkningsstatistik/25788/25795/Kvartals--och-halvarsstatistik---Kommun-lan-och-riket/Kvartal-3-2013/ |dataarquivo=23 de decembro de 2013 |urlmorta=si }}</ref>. O 86.7% da poboación era de etnia Sueca.
 
As maiores comunidades de non-suecos están formadas polos [[Finlandia|fineses]] os cales fan o 2% da poboación. Outros importantes proveñen doutros [[Escandinavia|países Escandinavos]], da antiga [[Iugoslavia]], e do Oriente Medio. Outro importante grupo son os [[Pobo saami|indíxenas saami]] que viven no norte de Suecia nunha comunidade de 17.000 persoas.
Liña 430:
=== Relixión ===
[[Ficheiro:Uppsala domkyrka view01sml.jpg|miniatura|[[Catedral de Uppsala]]]]
Suecia é un dos países onde existe menos sentimento relixioso existe, entre 46 e un 85%, segundo diveros estudos sociolóxicos, da poboación sueca pódese categorizar como [[Ateísmo|ateos]], [[Agnosticismo|agnosticos]] ou que non cren en ningún tipo de deus.<ref>Zuckerman, Phil (2007), [http://www.pitzer.edu/academics/faculty/zuckerman/Ath-Chap-under-7000.pdf Atheism: Contemporary Rates and Patterns] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090612114443/http://www.pitzer.edu/academics/faculty/zuckerman/Ath-Chap-under-7000.pdf |date=12 de xuño de 2009 }} en ''Cambridge Companion to Atheism''. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-60367-6</ref> Non obstante o anterior no ano 2011 o 68,8% dos suecos son formalmente membros da [[Igrexa de Suecia]], de tradición [[luteranismo|luterana]] e que ata o ano 2000 tiña o rango de igrexa de estado. Así e todo a alta porcentaxe de bautizados, un 65%, a participación en actos relixiosos é moi baixa, salientando tan só a porcentaxe de funerais, un 84% fanse no seo da igrexa.<ref>[http://www.svenskakyrkan.se/default.aspx?id=780499 Döpta, konfirmerade, vigda och begravda enligt Svenska kyrkans ordning år 1970-2010]</ref> Aproximadamente un 0,7% dos membros da igrexa abandónana cada ano.<ref>Svenska kyrkan (2008). ''[http://www.svenskakyrkan.se/default.aspx?id=100243&did=174943 Medlemsstatistik 2008]''</ref> En Suecia existen outras confesións relixiosas, moitas son numerosas por efecto dos inmigrantes chegados á Suecia ao longo da súa historia, así teñen tradición no país os [[Igrexa católica|católicos]], [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxos]], [[Islam|musulmáns]] e outras denominacións protestantes, coñecidas no país co termo de Igrexa Libre, por oposición á antiga Igrexa oficial, a Igrexa de Suecia. No ano 2006 había 400.000 musulmáns no país<ref>[http://www.fra.europa.eu/fraWebsite/attachments/Manifestations_EN.pdf Muslims in the EU]</ref> calculándose un 5% os practicantes<ref>[{{Cita web |url=http://sydsvenskan.se/sverige/article140868.ece |título=Andel praktiserande muslimer] |data-acceso=13 de marzo de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120113112554/http://www.sydsvenskan.se/sverige/article140868.ece |dataarquivo=13 de xaneiro de 2012 |urlmorta=si }}</ref> Outras confesións presentes en Suecia pero cun número de membros máis reducido son os [[budismo|budistas]], [[xudaísmo|xudeus]], [[hinduísmo|hindús]] e [[Fe Bahá'í|bahaítas]] e nos últimos anos apareceron tamén [[Ásatrú|neopaganos]] e reviviuse a [[relixión sami|relixión tradicional sami]].
 
== Economía ==
Liña 439:
Suecia ten unha economía de mercado fortemente regulada polo Estado, que foi coñecida como ''modelo sueco'' e presentada como exemplo do proposta socio-económica da [[socialdemocracia]] europea.<ref>[http://www.socialdemocracia.org/content/view/197/2/ A debilidade dalgunhas críticas ao modelo socialdemócrata de Suecia]</ref> Orientada principalmente á exportación, conta cun moderno sistema de distribución, suficientes [[Transporte|comunicacións]] externas e internas e unha forza de traballo especializada. A [[madeira]], a [[enerxía hidráulica]] e o [[ferro]] constitúen a base da súa economía altamente enfocada cara ao [[comercio|comercio internacional]]. A [[enxeñaría]] achega o 50% da produción e exportacións. As telecomunicacións e as industrias automotriz e farmacéutica son tamén de grande importancia. A [[agricultura]] conta co 2% do [[PIB]] e emprego.
 
A finais do [[2007]] as vinte compañías máis grandes rexistradas en Suecia eran [[Volvo]], Ericsson, Vattenfall, Skanska, Sony Ericsson Mobile Communications AB, Svenska Cellulosa Aktiebolaget, Electrolux, [[Volvo|Volvo Personvagnar]], TeliaSonera, Sandvik, Scania, IKEA, Hennes & Mauritz, Nordea, Preem, Atlas Copco, Securitas, Nordstjernan e SKF.<ref>[{{Cita web |url=http://www.largestcompanies.com/default$/lev2-TopList/lev2Desc-The_largest_companies_in_the_Nordic_countries_by%A0turnover%A0%28excl._national_subsidiaries%29/AdPageId-102/list-2/cc-SE/ |título=Compañías máis grandes en Suecia] |data-acceso=27 de decembro de 2009 |urlarquivo=https://archive.is/20120628210238/http://www.largestcompanies.com/default$/lev2-TopList/lev2Desc-The_largest_companies_in_the_Nordic_countries_by%A0turnover%A0(excl._national_subsidiaries)/AdPageId-102/list-2/cc-SE/ |dataarquivo=28 de xuño de 2012 |urlmorta=si }}</ref>
 
Case toda a produción industrial sueca é realizada por empresas privadas, feito que contrasta con outros países industrializados, como [[Austria]] e [[Italia]], onde as [[empresa pública|empresas do Estado]] teñen maior presenza. O goberno de centro-dereita do [[primeiro ministro]] [[Fredrik Reinfeldt]] instalado en [[2006]], anunciou que privatizaría a maioría das empresas estatais e até [[2008]] vendera Vin & Sprit (V&S), produtora do [[vodka]] Absolut, a aseguradora Vasakronan e as accións en OMX, empresa que controla a Bolsa de Valores.<ref>[http://alainet.org/active/27625&lang=es O Estado sueco sen empresas públicas e en déficit]</ref>
Liña 449:
== Ciencia e tecnoloxía ==
[[Ficheiro:Kungliga Vetenskapsakademien.jpg|miniatura|Sede da [[Real Academia das Ciencias de Suecia]].]]
Sendo un [[país desenvolvido]] moi avanzado, as investigacións científicas xogan un papel clave para o desenvolvemento económico e para a sociedade en xeral, e a alta calidade no desenvolvemento científico e tecnolóxico de Suecia é recoñecida ao redor do mundo. Xuntos, o sector público e privado destinan preto do 4% do [[PIB]] á investigación e desenvolvemento, o cal converte a Suecia nun dos países que máis inviste en I+D+I en termos de porcentaxe do PIB. O estándar das investigacións suecas é alto e o país é líder mundial en múltiples campos importantes. Estatisticamente, Suecia é o primeiro en [[Europa]] en canto ao número de traballos científicos publicados per cápita.<ref>[{{Cita web |url=http://www.swedenabroad.se/page____50008.aspx |título=Ciencia e tecnoloxía en Suecia] |data-acceso=28 de decembro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080916211008/http://www.swedenabroad.se/Page____50008.aspx |dataarquivo=16 de setembro de 2008 |urlmorta=si }}</ref>
 
Aínda que é un país relativamente pequeno, Suecia estivo dende hai moito tempo na vangarda de I+D+I. Por varias décadas, o goberno decidiu poñer como prioritarias algunhas actividades científicas de investigación. Este forte apoio axudou a Suecia a converterse nun país líder en termos de innovación. As estatísticas demostran que dende [[1970]] a [[2003]], o sistema nacional de innovación sueco estaba entre os mellores dos países membros da [[OCDE]] en canto á xeración de invencións tecnolóxicas e o número de patentes rexistradas de acordo ao tamaño da poboación. Só [[Suíza]] reportou un maior índice de patentes en relación á súa poboación. Máis aínda, Suecia atopábase entre os países co maior número de publicacións científicas nos campos de [[medicina|ciencia médica]], [[ciencias naturais]] e [[enxeñaría]] no [[2001]].
Liña 461:
[[Alfred Nobel]] inventou a dinamita e instituíu o [[Premio Nobel]]. [[Gustaf Dalén]] fundou a compañía de gas AGA e gañou o [[Premio Nobel de Física]] polas súas válvulas solares. [[Lars Magnus Ericsson]] comezou a empresa que leva o seu nome, [[Ericsson]], que hoxe en día é unha das compañías de telecomunicacións máis grandes no mundo. [[Jonas Wenström]] foi un pioneiro na [[corrente alterna]] e xunto co inventor [[Croacia|croata]] [[Nikola Tesla]], inventou o sistema electrónico de tres fases.
 
A tradicional industria e enxeñaría son aínda unha das principais fontes de invencións suecas, pero a electrónica, farmacéutica e outras industrias de alta tecnoloxía comezan a gañar terreo. O Tetra pack foi inventado polo sueco Erik Wallenberg. Håkan Lans inventou o Automatic Identification System, unha ferramenta usada por buques e avións civís a nivel mundial. Losec, un medicamento para as úlceras, foi a medicina máis vendida na década de [[1990]] e foi desenvolvida por AstraZeneca, unha compañía anglo-sueca. Gran parte das industrias suecas multinacionais tiveron as súas orixes no enxeño de múltiples inventores suecos.<ref>[{{Cita web |url=http://www.sweden.se/upload/sweden_se/english/factsheets/SI/SI_FS91e_Swedish_inventions_and_discoveries/Swedish_inventions_and_discoveries_FS91e_Hires.pdf |título=Inventos e descubrimentos suecos |data-acceso=18 de marzo de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090318022752/http://www.sweden.se/upload/sweden_se/english/factsheets/SI/SI_FS91e_Swedish_inventions_and_discoveries/Swedish_inventions_and_discoveries_FS91e_Hires.pdf Inventos|dataarquivo=18 ede descubrimentosmarzo suecos]de 2009 |urlmorta=si }}</ref> Suecia tiña un total de 33.523 [[patente]]s até o ano [[2007]], de acordo á Oficina de Patentes e Marcas Rexistradas dos Estados Unidos, con só dez países superando este número.<ref>[http://www.uspto.gov/web/offices/ac/ido/oeip/taf/cst_all.htm Patentes por país, estado e ano]</ref>
 
== Cultura ==
Liña 481:
Suecia é un gran mercado para a música de new age e de conciencia [[ecoloxía|ambiental]], así como para a música pop e rock que conteñen mensaxes de [[liberalismo]] e de [[esquerda (política)|esquerda]]. Ademais, o país tamén ten unha prominente tradición en música coral, derivada en parte da importancia cultural da música folclórica. De feito, dos 9,2 millóns de habitantes, estímase que entre 500 e 600 mil acodes cantan en coros.
 
Suecia é o terceiro exportador de música máis grande no mundo, con máis de 800 millóns de dólares de ingresos en [[2007]], excedido só polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e o [[Reino Unido]].<ref>[{{Cita web |url=http://www.swedenabroad.com/page____59218.aspx |título=O fenómeno da exportación de música en Suecia] |data-acceso=28 de decembro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080615001724/http://www.swedenabroad.com/Page____59218.aspx |dataarquivo=15 de xuño de 2008 |urlmorta=si }}</ref> [[ABBA]] foi un dos primeiros grupos musicais de Suecia que se fixo famoso ao redor do mundo, que aínda se atopan entre os artistas máis exitosos, con preto de 370 millóns de discos vendidos.<ref>[http://entertainment.timesonline.co.uk/tol/arts_and_entertainment/music/article1082735.ece It's Abba on the phone making a lot more money, money, money]</ref> Con ABBA, a música de Suecia entra a unha nova era, na cal o [[pop]] sueco gañou importancia internacional. Outras bandas que se fixeron mundialmente famosas son [[Roxette]], [[Irene (grupo musical)|Irene]], [[Loveninjas]], [[Mando Diao]], [[The Hives]] ou [[The Cardigans]]. Por outra banda, Suecia gañou en catro ocasións o [[Festival da Canción de Eurovisión]] con ABBA, os Herreys, Carola Häggkvist e Charlotte Perrelli.
 
Outro tipo de música que cobrou importancia é [[heavy metal]] (incluíndo os subgéneros death metal, o [[metal progresivo]] e o [[power metal]]). Algunhas bandas suecas que sobresaen dentro deste xénero son [[Bathory]], [[Amon Amarth]], [[K2 (grupo musical)|K2]], [[Opeth]] ou a vocalista de [[Nightwish]], [[Anette Olzon]], entre outros.
 
Finalmente, o [[jazz]] é outro dos xéneros importantes dentro da música sueca. Durante o últimos sesenta anos mantivo un estándar artístico elevado, en gran parte debido ás bandas locais que reciben influencia doutros países como [[Bélxica]], [[Francia]], [[Reino Unido]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Lars Gullin é o máximo representante do jazz sueco.<ref>[{{Cita web |url=http://www.visarkiv.se/en/jazz/index.htm |título=O jazz en Suecia, un repaso] |data-acceso=28 de decembro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080623003444/http://www.visarkiv.se/en/jazz/index.htm |dataarquivo=23 de xuño de 2008 |urlmorta=si }}</ref>
 
=== Literatura ===