Streptococcus pyogenes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: {{cite news → {{Cita novas (2)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 38:
 
=== Proteína M ===
A [[proteína M (Streptococcus)|proteína M]] utilízase para [[serotipo|serotipar]] as [[cepa]]s de ''S. pyogenes'', e está asociada a unha maior virulencia. Está composta por dúas cadeas polipeptídicas que forman unua [[hélice alfa]]. A proteína M está formada por 4 unidades de repetición (A-D), onde a variación na unidade A (localizada na rexión amino-terminal) é a máis importante porque nela se encontra a especificidade de serotipo; protexe á bacteria da [[fagocitose]] ao se unir ao [[factor H]] (proteína reguladora do [[sistema do complemento|complemento]]) e ao [[fibrinóxeno]], e favorece a degradación do factor do sistema do complemento [[C3b]]. A proteína está ancorada polo seu extremo [[carboxilo]] á membrana citoplasmática e, por unha [[secuencia conservada|secuencia moi conservada]], esténdese a través da parede celular.<ref name=Murray/><ref name=FACMED>{{Cita web|url=http://www.facmed.unam.mx/deptos/salud/periodico/fiebre/pato.html|título=Periódico Mural: Fiebre reumática|data-acceso=29 de abril de 2012|autor=Dra. Paz María Salazar Schettino|data=|formato=HTML|obra=Periódico mural da Facultade de Medicina da UNAM|editor=Dra. Ana María Castro|editorial=[[UNAM]]|lugar=[[México]]|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120106021329/http://www.facmed.unam.mx/deptos/salud/periodico/fiebre/pato.html|dataarquivo=06 de xaneiro de 2012|urlmorta=si}}</ref>
 
As proteínas M subdivídense en dous tipos, moléculas de clase I e de clase II, as bacterias portadoras da proteína M de clase I están asociadas coa [[febre reumática]]. A proteína M está codificada polo [[xene]] ''[[xene emm|emm]]''.<ref name=Murray/> A resposta inmune cara á proteína M é unha arma de dobre gume para o [[hóspede]], xa que por unha parte induce a produción de [[anticorpo]]s protectores que promoven a fagocitose, pero ditos anticorpos poden reaccionar con estruturas localizadas nos tecidos do hóspede.<ref name=FACMED/>