Senescencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 94:
Cando se examinan os tamaños corporais fronte á duración da vida, pode observarse que os mamíferos depredadores tenden a vivir máis que os mamíferos presas nun ambiente controlado, comno un zoo ou reserva natural. A explicación da longa duración das vidas dos [[primates]] (como humanos, monos e simios) en relación ao tamaño corporal é que a súa intelixencia e a miúdo a súa socialidade axúdanos a evitar converterse en presas. Unha alta posición na [[cadea alimenticia]], a intelixencia e a cooperatividade reducen a mortalidade extrínseca nas especies.
 
Outra teoría evolutiva do envellecemento foi proposta por [[George C. Williams]]<ref>{{Cita publicación periódica |first=George C. |last=Williams |date=December 1957 |title=Pleiotropy, Natural Selection, and the Evolution of Senescence |journal=Evolution |volume=11 |issue=4 |pages=398–411 |doi=10.2307/2406060 |url=http://www.devonescent.org/pdfs/Williams57.pdf |jstor=2406060 }}{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref> e implica a [[pleiotropía antagonista]]. Un só xene pode afectar a múltiples trazos. Algúns trazos que incrementan a [[fitness (bioloxía)|fitness]] nas etapas temperáns da vida poden tamén ter efectos negativos posteriormente na vida. Pero, como moitos máis individuos están vivos a idades novas que a idades vellas, mesmo pequenos efectos positivos na etapa temperá poden ser fortemente seleccionados a favor, e grandes efectos negativos tardíos poden ser moi debilmente seleccionados en contra. Williams suxeriu o seguinte exemplo: Quizais un xene codifica a deposición de calcio nos [[óso]]s, o cal promove a spervivencia xuvenil e será, por tanto, favorecido pola selección natural; porén, este mesmo xene promove a deposición de calcio nas [[arteria]]s, causando efectos ateroscleróticos negativos en idades vellas. Así, os cambios bioloxicamente prexudiciais en idades vellas poden resultar a partir da selección de xenes [[pleiotropía|pleiotrópicos]] que son beneficiosos en etapas temperás da vida pero prexudiciais posteriormente. Neste caso, a presión de selección é relativamente alta cando o [[valor reprodutivo de Fisher]] é alto, e relativamente baixa cando o valor reprodutivo de Fisher é baixo.
 
=== Regulación xénica ===