Wikipedia:Administradores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
m →‎Administradores da interface: finalmente só afecta ás páxinas js/css
Liña 25:
 
== Administradores da interface ==
Os '''Administradores da interface''' son usuarios coa capacidade de editar páxinas globais de [[CSS]] e [[Javascript]] (como por exemplo [[MediaWiki:Common.js]] ou [[MediaWiki:Vector.css]], ou as páxinas de código dos trebellos listados en [[Especial:Trebellos]]), e calquera páxina CSS/JS no espazo de usuario doutro usuario distinto, e as mensaxes do sistema no espazo de nomes MediaWiki. Estas páxinas execútanas os navegadores dos lectores e editores da wiki en forma de código, utilizado para modificar a visualización do contido, o comportamento das páxinas ou para o funcionamento de ferramentas complexas.
 
A edición de código CSS/JS que se executa nos navegadores web doutros usuarios é unha capacidade poderosa e potencialmente perigosa en mans de usuarios con malas intencións. Os administradores da interface deben ser usuarios nos que a comunidade teña unha gran confianza, que teñan polo menos un coñecemento básico de CSS e JS, que sexan conscientes das expectacións de privacidade das wikis de Wikimedia, e que teñan un bo entendemento do concepto de seguridade de contas persoais.