Praia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Outros homónimos}}
[[Ficheiro:Carnota_004.jpg|miniatura|250px|Praia de Carnota ([[Lira, Carnota|Lira]]).]]
Unha '''praia'''<ref>{{DRAG|praia}}</ref> é unha forma xeolóxica consistente na acumulación de [[sedimento]]s, por efecto da dinámica local das ondadas. Estes sedimentos son normalmente areas pero tamén hai praias de [[grava]]s ou grixos e de [[croio]]s, [[seixoCanto rolado|seixos]]s ou bolos, chamadas [[coído (xeoloxía)|coído]]s. Existen moitas clases de praias podendo existir varios tipos sobre un mesmo banco de sedimentos, por mor a que nuns metros o tipo de rompente pode variar dando orixe a un tipo de praia distinta.
 
Unha praia fórmase cando as [[Onda (mar)|ondas]] e as correntes do mar propician a chegada de sedimento á beiramar. Logo unha praia fórmase baixo dous supostos: o primeiro, que a forma da [[Costa (xeografía)|costa]] sexa tal que haxa unha zona onde se deposite unha determinada cantidade de sedimento e que sexa estábel cos diferentes estados do clima marítimo. O segundo, que exista unha zona na que se ben o sedimento vaise perdendo por algures, haxa unha achega de sedimento por outro que o poida compensar. Unha vez que foron depositados os sedimentos, a praia é modelada segundo o tipo de rompente que lle afecta.