Salvador Dalí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Traxectoria: ligazón interna
Recuperando 10 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 36:
{{cita|...pareciámonos como dúas pingas de auga, pero dábamos reflexos diferentes... O meu irmán era probablemente unha primeira visión de min mesmo, pero segundo unha concepción demasiado absoluta.<ref name="Dalí, Secret Life">Dalí, ''Vida secreta de Salvador Dalí'' (1993), p. 2.</ref>}}
 
Dalí tamén tivo unha irmá, Ana María, catro años máis nova ca el.<ref>Llongueras (2004), p. 361.</ref> En [[1949]] ela publicou un libro sobre o seu irmán, titulado ''Dalí visto por su hermana''.<ref>{{Cita web|url=http://www.artelino.com/articles/dali.asp|título=Dalí Biography 1904–1989 — Part Two|páxina-web=artelino.com|dataacceso=30 de setembro de 2006|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20061025082142/http://www.artelino.com/articles/dali.asp|dataarquivo=25 de outubro de 2006|urlmorta=si}}</ref> Na súa infancia, Dalí trabou amizade con futuros xogadores do [[F.C. Barcelona]], como [[Emilio Sagi Barba|Emilio Sagi Liñán]] ou [[Josep Samitier]]. En época de vacacións, no florecente [[Cadaqués]], o trío pasaba moito tempo xogando ó [[fútbol]].
 
En [[1916]] descubriu a [[pintura contemporánea]] durante unha visita familiar a Cadaqués, onde coñeceu á familia de [[Ramón Pichot]], un artista local que viaxaba regularmente a [[París]], a capital da arte do momento.<ref name=Llongueras /> Seguindo os consellos de Pichot, o seu pai enviouno a clases de [[pintura]] co mestre Juan Núñez. Ó ano seguinte, o seu pai organizou unha exposición dos seus debuxos na casa familiar. En 1919, con catorce anos, Dalí participou nunha exposición colectiva de artistas locais no teatro municipal de [[Figueres]] e noutra en [[Barcelona]], auspiciada pola [[Universidade de Barcelona|Universidade]], na que recibiu o premio Reitor da Universidade.
Liña 75:
En 1924 un aínda descoñecido Salvador Dalí ilustrou un libro por primeira vez. Era unha publicación do [[poema]] en [[Lingua catalá|catalán]] ''Les Bruixes de Llers'' ("As meigas de Llers"), dun dos seus amigos da residencia, o [[poeta]] [[Carles Fages de Climent]]. Dalí axiña se familiarizou co [[dadaísmo]], influencia que o marcou polo resto da súa vida. Na residencia tamén trabou unha apaixonada relación co mozo Lorca, pero Dalí rematou rexeitando os amorosos reclamos do poeta.<ref>Para máis información sobre a relación entre ambos artistas, véxase ''Lorca-Dalí: o amor que non puido ser'' e ''The Shameful Life of Salvador Dalí'', ambos por [[Ian Gibson]].</ref><ref name="conversations">Bosquet, Alain, ''[http://www.ubu.com/historical/dali/dali_conversations.pdf Conversations with Dalí]'', 1969. pp. 19-20 (formato PDF) (sobre García Lorca) «S.D.: Era homosexual, iso sábeo todo o mundo, e estaba tolamente namorado de min. Intentou learse comigo un par de veces... e eu estaba extremadamente molesto, porque non era homosexual, e non estaba disposto a ceder. Ademais, iso doe. Así que iso quedou en nada. Pero sentinme terriblemente afagado polo prestixio das súas atencións. No máis profundo de min, sentía que el era un gran poeta e débolle un minúsculo anaco do cu do Divino Dalí».</ref>
 
Dalí foi expulsado da Academia en [[1926]], pouco antes dos seus exames finais, por afirmar que non había ninguén en condicións de examinalo.<ref name=olga>[http://www.abcgallery.com/D/dali/dalibio.html Salvador Dalí: Olga's Gallery]. Revisado o 22 de xullo de 2006.</ref> A mestría dos seus recursos pictóricos reflectiuse no seu impecablemente realista ''Cesta de pan'', pintada en 1926.<ref>[http://www.dali-gallery.com/html/galleries/painting05.htm Paintings Gallery #5] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100827234135/http://www.dali-gallery.com/html/galleries/painting05.htm |date=27 de agosto de 2010 }}.</ref> Ese mesmo ano, visitou [[París]] por primeira vez, onde coñeceu a [[Pablo Picasso]], a quen o mozo Dalí admiraría profundamente. Picasso xa recibira algúns comentarios eloxiosos sobre Dalí de parte de [[Joan Miró]]. Co paso do tempo e o desenvolvemento dun estilo propio, Dalí converteuse á súa vez nunha referencia e nun factor influente na pintura destes.
 
Algunhas das características da pintura de Dalí daquela época convertéronse en distintivas para toda a súa obra posterior. Dalí absorbía as influencias de moitos estilos artísticos, dende o [[academicismo]] [[Clasicismo|clásico]] ás [[Vangardismo|vangardas]] máis rompedoras.<ref>Hodge, Nicola, and Libby Anson. ''The A–Z of Art: The World's Greatest and Most Popular Artists and Their Works''. California: Thunder Bay Press, 1996. [https://ucmshare.ucmerced.edu/docushare/dsweb/Get/Document-94961/Dali+Salvador.doc Online citation] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20060921144258/https://ucmshare.ucmerced.edu/docushare/dsweb/Get/Document-94961/Dali+Salvador.doc |date=21 de setembro de 2006 }}.</ref> As súas influencias clásicas pasaban por [[Rafael]], [[Agnolo Bronzino]], [[Francisco de Zurbarán]], [[Johannes Vermeer|Vermeer]] e, por suposto, [[Diego Velázquez|Velázquez]].<ref>[http://www.artcyclopedia.com/feature-2005-03.html Phelan, Joseph] — Artcyclopedia.</ref> Alternaba técnicas tradicionais con sistemas contemporáneos, ás veces nunha mesma obra. As exposicións da súa obra realizadas en [[Barcelona]] naquela época atraeron grande atención, na que se mesturaban as loanzas e os debates suscitados por unha crítica dividida.
 
Dalí deixou crecer un vistoso [[mostacho]] que imitaba o do célebre pintor Diego Velázquez, e que se convertería nun dos seus distintivos persoais no resto da súa vida.
Liña 84:
[[Ficheiro:Man Ray Salvador Dali.jpg|miniatura|240px|As olladas alucinadas de Dalí (esquerda) e o seu camarada no [[surrealismo]], [[Man Ray]], en [[París]], o [[16 de xuño]] de [[1934]], segundo fotografía de [[Carl Van Vechten]].]]
 
En [[1929]] Dalí colaborou co [[director de cine]] [[Luis Buñuel]], amigo da residencia de estudantes, na elaboración da polémica [[curtametraxe]] ''[[Un chien andalou]]'' ("Un can andaluz"), na que se amosaban escenas propias do imaxinario [[Surrealismo|surrealista]]. Dalí afirmou que desempeñara un papel esencial na rodaxe do filme, sen que este estremo se vise confirmado pola historiografía da [[arte contemporánea]].<ref>Koller, Michael. [http://archive.sensesofcinema.com/contents/cteq/01/12/chien.html ''Un Chien Andalou''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20101225061923/http://archive.sensesofcinema.com/contents/cteq/01/12/chien.html |date=25 de decembro de 2010 }}. ''Senses of cinema'' January 2001. Revisado o 26 de xuño de 2006, en inglés.</ref> En agosto dese mesmo ano coñeceu á súa musa e futura esposa [[Gala Éluard Dalí|Gala]].<ref name=unbound>Shelley, Landry. [http://www.tcnj.edu/~unbound/spring2005/articles/a2 "Dalí Wows Crowd in Philadelphia"]. ''Unbound'' (The College of New Jersey), Spring 2005. Revisado o 22 de xullo de 2006.</ref> Nada co nome de Elena Ivanovna Diakonova, era unha inmigrante [[Rusia|rusa]], once anos maior ca el, daquela casada co poeta [[Francia|francés]] [[Paul Éluard]]. Ese mesmo ano, Dalí continuou expoñendo regularmente, xa como profesional, e uniuse oficialmente ó grupo surrealista afincado no barrio parisiense de [[Montparnasse]]. Durante os dous anos seguintes, o seu traballo influíu enormemente no rumbo do surrealismo, que o aclamou como creador do [[método paranoico-crítico]], o cal, segundo se dicía, axudaba a acceder ó [[subconsciente]], liberando enerxías artísticas creadoras.<ref name=Llongueras /><ref name=Rojas />
 
No ámbito doméstico, a relación de Dalí co seu pai estaba próxima á ruptura. Salvador Dalí i Cusí opoñíase ó romance do artista con Gala, e condenaba a súa relación cos artistas do surrealismo por consideralos —como boa parte da opinión pública— elementos tendentes á dexeneración [[moral]]. A tensión foi en aumento ata culminar nun enfrontamento persoal por mor dunha nova sobre Dalí publicada na prensa na que se refería que un debuxo dun ''Sagrado Corazón de Xesucristo'' exposto en París polo mozo amosaba unha inscrición na que se lía: «En ocasións, cuspo no retrato da miña nai para me entreter». Ultraxado, o seu pai demandou unha satisfacción pública. Dalí negouse, quizais por temor a ser expulsado do grupo surrealista, e foi botado violentamente da súa casa o [[28 de decembro]] de [[1929]]. O seu pai desherdouno e prohibiulle regresar xamais a Cadaqués. Posteriormente, Dalí describiu como no curso deste episodio presentoulle ó seu pai un [[preservativo]] usado contendo o seu propio [[esperma]], coas palabras: «Toma. Xa non che debo nada!». O verán seguinte, Dalí e Gala alugaron a pequena cabana dun pescador nunha baía preto de [[Portlligat]]. Despois mercou o terreo, e ó longo dos anos foi ampliándoa ata convertela na súa fastuosa vila xunto ó mar, hoxe reconvertida en casa-museo. Gala e Dalí casaron en [[1934]] nunha cerimonia civil, e o volverían facer polo rito [[Catolicismo|católico]] en [[1958]].<ref>''Carré d'Art'', [[Jean-Pierre Thiollet]], Anagramme, 2008, p.213</ref>
Liña 107:
[[Ficheiro:London Dali Exhibition.jpg|miniatura|esquerda|200px|Exposición sobre Dalí en [[Londres]]. En primeiro termo hai unha escultura dun [[elefante]] de patas alongadas cunha [[pirámide (xeometría)|pirámide]] no lombo, idéntico a un dos que aparecen no cadro. Ó fondo atópase o [[London Eye]].]]
 
Un [[frade]] [[italia]]no chamado Gabriele Maria Berardi anunciou que lle realizara un [[exorcismo]] a Dalí nunha visita deste a [[Francia]] en [[1947]].<ref name="exorcist-gift">[http://www.cathnews.com/news/510/72.php Dalí's gift to exorcist uncovered] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20071011193554/http://cathnews.com/news/510/72.php |date=11 de outubro de 2007 }} Catholic News October 14, 2005</ref> No [[2005]] foi inaugurada unha escultura do ''Cristo na cruz'' na cidade do frade. Comentouse que Dalí entregara esta obra ó frade como prenda de gratitude,<ref name="exorcist-gift" /> e dous expertos españois sobre Dalí consideraron que hai motivos abondos para pensar que a obra fose realmente súa.<ref name="exorcist-gift" />
 
Aceptou a decoración dun escaparate dos almacenes Bonwit-Tellerle na Quinta Avenida de Nova York. Fixo unha polémica composición dedicada ó día e á noite: nun lado un [[manequín]] con perruca vermella nunha bañeira de [[Astracán (pel)|astracán]] e no outro, unha figura deitada nunha cama con [[baldaquino]] negro sobre cuxa [[almofada]] ardían [[carbón]]s. Pero realizáronse modificacións sen permiso do autor, e Dalí en protesta acabou lanzando a bañeira contra o vidro do escaparate. Foi detido e debeu pagar os danos. O xulgado absolveuno, pois el argumentou que defendía a súa obra, e esta protesta foi entendida como unha defensa dos [[dereitos de autor]].<ref>[http://www.legaltoday.com/index.php/actualidad/noticias/2009-ano-dali-visionario-de-la-defensa-de-la-propiedad-intelectual Dalí, visionario da defensa da propiedade intelectual].</ref>
Liña 119:
 
[[Ficheiro:Salvador Dali The Rainbow 1972.jpg|miniatura|esquerda|180px|Salvador Dali, ''The Rainbow'' (1972), [[Centro M. T. Abraham de Artes Visuales]].]]
Ó final da súa carreira Dalí non se limitou á pintura e desenvolveu novos procesos e medios experimentais: creou un boletín<ref name=bp>[http://www.bonjourparis.com/Articles/Museums_and_Sights/The_Phantasmagoric_Universe_%E2%80%94_Espace_Dal%C3%AD_%C3%80_Montmartre/ The Phantasmagoric Universe—Espace Dalí À Montmartre] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20060528084739/http://www.bonjourparis.com/Articles/Museums_and_Sights/The_Phantasmagoric_Universe_%E2%80%94_Espace_Dal%C3%AD_%C3%80_Montmartre/ |date=28 de maio de 2006 }}.''Bonjour Paris''. (Revisado o 22 de agosto de 2006; en inglés).</ref> e converteuse nun dos pioneiros da [[holografía]] artística,<ref name=holo>[http://www.holophile.com/history.htm The History and Development of Holography]. ''Holophile''. (Revisado o 22 de agosto de 2006; en inglés).</ref> cousa pouco estraña considerando a súa longa exploración artística de xogos visuais. Xa durante os seus derradeiros anos, artistas coma [[Andy Warhol]] proclamaron ó catalán como unha das influencias máis notábeis do [[pop art]].<ref name=warhol>[http://www.carnegiemuseums.org/cmag/bk_issue/1998/mayjun/feat2.htm Hello, Dalí] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20060927105155/http://www.carnegiemuseums.org/cmag/bk_issue/1998/mayjun/feat2.htm |date=27 de setembro de 2006 }}. ''Carnegie Magazine''. (Revisado o 22 de agosto de 2006; en inglés).</ref> Dalí tamén amosou dende sempre un acusado interese polas [[ciencias naturais]] e as [[matemáticas]]. Así se observa en moitas das súas obras —sobre todo as creadas na década de 1950— nas que chegou a compoñer retratos individuais a partir de cornos de [[rinoceronte]]. Segundo o artista, o corno de rinoceronte significaba a [[xeometría]] divina, posto que crece nunha progresión [[espiral]] [[Logaritmo|logarítmica]]. Tamén relacionou o concepto cos temas da castidade e a santidade da [[Virxe María]].<ref>Elliott H. King in Dawn Ades (ed.), ''Dalí'', Bompiani Arte, Milán, 2004, p. 456.</ref> Outro dos intereses de Dalí era o [[ADN]], e o [[hipercubo]] (un [[cubo]] de catro dimensións) que chegou a plasmar despregado na súa ''[[Crucifixión (Dalí)|Crucifixión]]'' (''Corpus Hypercubus'').
 
[[Ficheiro:Casa Salvador Dalí Portlligat.JPG|miniatura|230px|A baía de [[Portlligat]], a paisaxe que cativou ó artista en [[Cadaqués]], coa súa casa, hoxe museo. Está formada por un conxunto de barracas de pescadores que foron adquiridas polo pintor e a súa muller, Gala. Aberta ó público en [[1997]], no seu interior exhíbense recordos do pintor, o seu taller, a biblioteca, as súas habitacións e o xardín.]]
Liña 127:
[[Ficheiro:Dali Allan Warren.jpg|miniatura|175px|esquerda|Salvador Dalí en [[1972]].]]
 
Na súa madurez, o artista tamén se implicou noutras actividades "extra-artísticas" que daban unha medida da súa enorme popularidade como personaxe público. En [[1968]] Dalí gravou un anuncio [[Televisión|televisivo]] para a marca de [[chocolate]] ''Lanvin'',<ref>[http://ehotelier.com/browse/news_item.php?id=P12135 Salvador Dalí at Le Meurice Paris and St Regis in New York] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20071011211226/http://ehotelier.com/browse/news_item.php?id=P12135 |date=11 de outubro de 2007 }} Andreas Augustin, ehotelier.com, 2007</ref> e en [[1969]] deseñou o [[logotipo]] de [[Chupa Chups]]. Nese mesmo ano traballou como responsable creativo da campaña [[Publicidade|publicitaria]] de [[Festival da Canción de Eurovisión|Eurovisión]], e creou unha grande escultura metálica que foi instalada no escenario do [[Teatro Real de Madrid]]. No programa ''Dirty Dali: A Private View'' ("Dalí o sucio: Unha visión íntima"), emitido polo [[Channel 4]] do [[Reino Unido]] en [[2007]], o crítico [[Brian Sewell]] describía como a finais da década de 1960 foi requirido polo artista para posar sen pantalóns en posición fetal baixo a axila dunha figura de [[Xesucristo]], mentres Dalí o fotografaba e finxía furgar baixo o pantalón.<ref>[http://living.scotsman.com/index.cfm?id=869862007 Scotsman review of Dirty Dalí]</ref><ref>[http://www.thisislondon.co.uk/arts/article-23398918-details/The+Dali+I+knew/article.do The Dali I knew] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070707184041/http://www.thisislondon.co.uk/arts/article-23398918-details/The+Dali+I+knew/article.do |date=07 de xullo de 2007 }} By Brian Sewell, thisislondon.co.uk (en inglés).</ref>
 
En [[1980]], a saúde de Dalí deteriorouse seriamente. Coa súa muller, Gala —que xa manifestaba síntomas de senilidade—, consumiu presuntamente un cóctel de fármacos que danou seriamente o seu sistema nervioso, coa consecuencia de incapacitalo practicamente para a creación artística. Con 76 anos, o estado de Dalí era lamentable, e a súa man sufría constantes tremores que evidenciaban o progreso da [[enfermidade de Parkinson]].<ref>Ian Gibson (1997). ''The Shameful Life of Salvador Dalí''. W. W. Norton & Company.</ref><ref>Recentemente se descubriron algúns [http://www.elmundo.es/elmundo/2009/06/23/cultura/1245751272.html debuxos], cos que o artista "pagou" os servizos médicos prestados por un recoñecido [[Oncoloxía|oncólogo]] estadounidense.</ref>
Liña 144:
O [[23 de xaneiro]] de [[1989]], escoitando o seu disco favorito —''Tristán e Isolda'', de [[Richard Wagner]]— morreu a causa dunha parada cardiorrespiratoria en Figueres, con 84 anos, e cerrando o círculo foi enterrado na cripta de Figueres, situada na súa casa-museo (ver imaxe). A súa cripta atópase ó outro lado da igrexa de Sant Pere, onde fora bautizado, recibira a súa primeira comuñón e onde repousa dende entón; tres bloques máis aló da súa casa natal.<ref>Etherington-Smith, Meredith. [http://books.google.com/books?id=soncxLrkYX0C&dq ''The Persistence of Memory: A Biography of Dalí''], pp. xxiv, 411-412, 1995 Da Capo Press, ISBN 0-306-80662-2.</ref> Para evitar tensións entre o [[Goberno de España|goberno central]] e [[Generalitat de Cataluña|autonómico]], Dalí testou en [[1982]] a favor do [[España|estado español]] como herdeiro universal da súa obra.<ref>http://www.elpais.com/articulo/cultura/DALI/_SALVADOR/CATALUNA/MINISTERIO_DE_EDUCACION_Y_CIENCIA/PODER_EJECUTIVO/_GOBIERNO_PSOE_/1986-1989/Gobierno/recibio/ayer/testamento/Dali/1982/nombra/Estado/heredero/universal/elpepicul/19890131elpepicul_4/Tes</ref>
 
A Fundación Gala-Salvador Dalí encárgase na actualidade da xestión do seu legado.<ref>http://www.salvador-dali.org/en_index.html | The Gala-Salvador Dalí Foundation website</ref> Nos Estados Unidos, o responsable legal da súa representación é a Artist Rights Society.<ref>http://arsny.com/requested.html {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090131151943/http://arsny.com/requested.html |date=31 de xaneiro de 2009 }} | Most frequently requested artists list of the Artists Rights Society</ref> En [[2002]] esta sociedade saíu nas noticias por requirir de [[Google]] que retirase un logotipo da firma deseñado a semellanza da obra de Dalí, e que fora especialmente creado para conmemorar o aniversario do seu nacemento, alegando dereitos de [[copyright]]. Google accedeu a retirar o logotipo —cuxo uso, teóricamente, era dun só día— pero negouse a admitir a violación dos dereitos de autor.
 
== Traxectoria ==