Revolución social española de 1936: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Recuperando 4 fontes e etiquetando 2 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 28:
{{Cita|Eu estaba integrando, máis ou menos por azar, a única comunidade de Europa occidental onde a conciencia revolucionaria e o rexeitamento do capitalismo eran máis normais que o seu contrario. En Aragón estábase entre ducias de miles de persoas de orixe proletaria na súa maioría, todas elas vivían e se trataban en termos de igualdade. En teoría, era unha igualdade perfecta, e na práctica non estaba moi lonxe de selo. Nalgúns aspectos, experimentábase un pregusto de socialismo, polo que entendo que a actitude mental prevalecente fose de índole socialista. Moitas das motivacións correntes na vida civilizada —ostentación, afán de lucro, temor ós patróns etcétera— simplemente deixaran de existir. A división de clases desapareceu ata un punto que resulta case inconcibible na atmosfera mercantil de Inglaterra; alí só estábamos os campesiños e nós, e ninguén era amo de ninguén. |George Orwell}}
 
As comunas foron usadas de acordo ó principio básico de «De cada un de acordo á súa habilidade, a cada un de acordo á súa necesidade». Nalgúns lugares, os cartos foron totalmente eliminados, para ser substituído por vales. Baixo este sistema, o custo dos bens era con frecuencia un pouco máis dun cuarto do custo anterior. As áreas rurais incautadas e colectivizadas durante esta fase da revolución oscilan: máis do 70% en Cataluña, preto do 70% no Aragón reconquistado, o 91% de [[Estremadura]] que quedaba na República, o 58% en [[Castela-A Mancha]], o 53% en [[Andalucía]] non sometida ós militares insurrectos, o 25% para [[Madrid]], o 24% para [[Murcia]]{{Harvnp|González Martínez|1999|p=93}} e o 13% na actual [[Comunidade Valenciana]]. No tocante á colectivización destas terras expropiadas, o total supón un 54% da superficie expropiada da España republicana, segundo datos do [[Instituto de Reforma Agraria|IRA]].{{Harvnp|Payne|1972|pp=241-267}} Porén, dado que o Ministerio de Agricultura, e por extensión o IRA, estaban baixo control do Partido Comunista, hostil á colectivización, os datos poderían ser maiores. As provincias onde adquiriron maior importancia as colectividades rurais, foron as de [[Provincia de Cidade Real|Cidade Real]], onde estaban colectivizadas en 1938, 1.002.615 has, o 98,9% da superficie cultivada en 1935- e Xaén -con 685.000 has e o 76,3%, quedando a moita distancia o resto das provincias republicanas.<ref>Garrido González, Luis. ''La economía colectivizada de la zona republicana en la Guerra civil''. Universidade de Xaén. p. 6. [http://www.upf.edu/materials/fhuma/hcu/docs/t6/art/art110.pdf]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref> Moitas colectividades aguantarían até o final da guerra.
 
No Aragón no que se proclama o [[comunismo libertario]] ó paso das columnas de milicias libertarias, fórmanse aproximadamente 450 colectividades rurais, a práctica totalidade delas en mans da CNT, cun número que roldará as 20 a cargo da UXT.
Liña 67:
* Decreto de aplicación do Código de Xustiza militar ás milicias populares (29 de setembro).
 
Cando a guerra se empeza a prolongar, o espírito dos primeiros días de revolución afrouxa e comeza a fricción entre os moi diversos integrantes da Fronte Popular Antifascista, en parte debida ás políticas do Partido Comunista, establecidas desde o ministerio de exterior da [[Unión Soviética]] [[Stalin|estalinista]],<ref>Lluís Perarnau. ''España traicionada Stalin y la Guerra Civil''. [http://www.fundacionfedericoengels.org/index.php/marxismo-hoy/no11-antonio-gramsci-y-la-revolucion-italiana/153-espana-traicionada-stalin-y-la-guerra-civil] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160310224825/http://www.fundacionfedericoengels.org/index.php/marxismo-hoy/no11-antonio-gramsci-y-la-revolucion-italiana/153-espana-traicionada-stalin-y-la-guerra-civil |date=10 de marzo de 2016 }}</ref><ref>Juan Manuel Vera. ''Estalinismo y antiestalinismo en España''
[http://www.fundanin.org/vera1.htm] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160304074142/http://www.fundanin.org/vera1.htm |date=04 de marzo de 2016 }}</ref> a maior fonte de axuda estranxeira para unha República que neses momentos comezaba a relevantarse e que necesitaba imperiosamente da mesma.
 
A política comunista proclamaba que a guerra civil en proceso non era o momento adecuado para a revolución e que ata que non se gañase a guerra, a derrota das forzas de [[Francisco Franco|Franco]] debía ser o principal obxectivo, e non a abolición do [[capitalismo]], o que se pospuña á fin da guerra. Os anarquistas e [[trotskismo|trotskistas]] estiveron fortemente en desacordo con isto, ó entender a maioría deles a guerra e a revolución como unha prolongación a unha da outra. Ás [[milicia]]s dos partidos e grupos que se situaran en contra da posición soviética pronto se lles obstaculizou desde o Estado a axuda e recursos, vendo así estes reducida a súa capacidade de actuación, a causa do cal na maioría das áreas republicanas comezaron lentamente a reverterse os recentes cambios realizados.
Liña 149:
* R. Louzon (1938): ''[http://www.somnisllibertaris.com/libro/contrarevolucion/index11.htm La Contrarrevolución en España]''.
* Jordi Escuer: ''[http://perso.wanadoo.es/agusromero/docs/guerra/guerra4.htm Revolución y contrarrevolución en España]''.
* Benjamín Cano Ruiz e Ismael Viadiu: ''[http://www.banderanegra.canadianwebs.com/colec.html El colectivismo agrario en la Revolución Española]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}''.
* Juan Andrade (1986): ''[https://web.archive.org/web/20080108082956/http://www.fundanin.org/andrade2.htm El problema militar de la revolución española]''.
* Abel Paz: ''[https://web.archive.org/web/20060411024311/http://www.inisoc.org/Durruti.htm Durruti y la revolución]''.
 
{{Guerra civil española}}