Revolución Rusa de 1917: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 115:
=== Os días de abril ===
{{Artigo principal|Crise de abril (1917)}}
Malia a vontade popular de poñer fin á guerra, a participación na primeira guerra mundial non variou. En abril, a publicación dunha nota secreta do goberno aos seus aliados, dicindo que non poñerían en perigo os tratados tsaristas e que continuarían coa guerra, provocou a ira entre os soldados e os traballadores.<ref>[http://fr.ca.encarta.msn.com/encyclopedia_761569348_2____43/R%C3%A9volution_russe_de_1917.html#s43 « Les ''thèses d’avril'' de Lénine et la chute de Milioukov»] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080424041435/http://fr.ca.encarta.msn.com/encyclopedia_761569348_2____43/R%C3%A9volution_russe_de_1917.html#s43 |date=24 de abril de 2008 }}, encyclopédie [[Encarta]].</ref> As manifestacións a favor e en contra do goberno causaron os primeiros enfrontamentos armados da revolución, obrigando á renuncia do ministro de Relacións Exteriores, o historiador [[Pável Miliukov]] do [[Partido Democrático Constitucional|KD]]. Os socialistas moderados entraron a continuación no Goberno, co apoio da maioría dos traballadores que crían que poderían exercer presión para poñer fin á guerra.
 
Ao mesmo tempo, pouco despois do seu regreso en tren a Rusia, Lenin publicou as súas ''[[Teses de abril]]''. Continuando cos argumentos expostos en ''[[O imperialismo, fase superior do capitalismo|O imperialismo, estado supremo do capitalismo]]'', afirmou que o capitalismo entrara en «fase de putrefacción» e que a burguesía xa non era capaz, nos países recentemente industrializados, de asumir o papel revolucionario que xa desempeñara no pasado. Para el, soamente poderíase deter a guerra e asegurar as conquistas da Revolución de Febreiro dando todo o poder aos soviets. Lenin negábase a prestar calquera tipo de apoio ao Goberno provisional e demandou a confiscación das terras e o seu posterior redistribución entre os campesiños, o control obreiro sobre as fábricas e a transición inmediata a unha república de soviets.