Reforma ortográfica da lingua portuguesa de 1911: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 51:
Ó longo dos tempos, diversos estudosos da lingua presentaron sucesivas propostas de simplificación da escrita, sen grande éxito. Entre esas propostas encontrábanse as ''Bases da Ortografia Portuguesa'', de [[1885]], da autoria de Aniceto dos Reis Gonçalves Viana e Guilherme de Vasconcelos Abreu.<ref>Biblioteca Nacional Digital. ''Bases da Ortografia Portuguesa'' de 1885. Dispoñíbel en: <http://purl.pt/437>{{pt}}</ref>
 
Inmediatamente despois da [[Proclamación da I República portuguesa|implantación da república]] en [[Portugal]], a [[5 de outubro]] de [[1910]], o novo goberno, empeñado no crecemento da escolaridade e no combate do [[analfabetismo]], nomeou unha comisión — constituída por Gonçalves Viana, Carolina Michaëlis, Cândido de Figueiredo, Adolfo Coelho, [[Leite de Vasconcelos]], Gonçalves Guimarães, Ribeiro de Vasconcelos, Júlio Gonçalves Moreira, [[José Joaquim Nunes]], Borges Grainha e Augusto Epifânio da Silva Dias (que pediu excedencia) — para estabelecer unha ''ortografía simplificada'' para as publicacións oficiais e mailo [[ensino]]. As bases da Reforma Ortográfica, fortemente inspiradas nas propostas de 1885, foron oficializadas o [[1 de setembro]] de [[1911]],<ref>[http://dre.pt/pdfgratis/1911/09/21300.pdf ''Relatório das Bases da Reforma Ortográfica''], publicado no ''Diário de Governo'', n.º 213, de 12 de setembro de 1911.{{pt}}</ref> permitíndose un período de transición de tres anos.<ref>Portugueses fan peticións sobre o acordo ortográfico. Dispoñíbel en: <http://www.agencialusa.com.br/index.php?iden=15854{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}>.{{pt}}</ref>
 
A pesar de que no Brasil xa existía dende había longo tempo unha forte corrente ''foneticista'', que loitaba pola simplificación ortográfica, o non envolvemento brasileiro na reforma portuguesa tivo o efecto contrario de reforza-las correntes tradicionalistas, ficando os dous países con ortografías completamente diferentes: [[Portugal]] cunha ortografía reformada e o [[Brasil]] coa vella ortografía de base etimolóxica.