Acelomados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Inicio do artigo, baseado en parte en es: ct:
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 27 de setembro de 2007 ás 17:33


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Acelomados
Ficheiro:Dermophtirius.jpg

Dermophtirius sp

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Acoelomata
Filos

Os Acelomados (Acoelomata) son un grupo animais bilaterais carentes do celoma que é a gran cavidade xeral do corpo tendo como única cavidade o celenterón; polo tanto, presentan un corpo macizo xa que entre a parede do corpo e o intestino existe unha masa de células mesenquimáticas que reenchen o espazo que hai entre a epiderme e gastroderme e ademais fibras musculares. O termo acelomado carece de calquera significado taxonómico aínda que sirve para identificar o grupo de seres vivos coas características antes mencionadas polo que algúns lle dan a consideración de superfilum

Os acelomados son vermes alongados segundo o eixo principal do corpo. As especies móvense por movementos de tipo ciliar ou ondulatorio. Os filos tipicamente acelomados son os Platelmintos, os Nemertinos; e os Gnotostomúlidos que algúns autores pensan que son acelomados e outros que son pseudocelomados(*).

. O resto de bilaterais posúen unha cavidade corporal chea de líquido entre a parede do corpo e o intestino, xa sexa un auténtico celoma (celomados) o un pseudoceloma (Pseudocelomados ou Blastocelomados), polo menos en estado embrionario.

Os acelomados son os bilaterais máis simples, con corpos vermiformes e epitelios ciliados, e a maioría dos zoólogos están de acordo en que a orixe dos bilaterais pasa por un antepasado acelomado do cal xurdirían os turbelarios e os primeiros celomados. Polo tanto, serían o grupo do cal deriva a radiación de todos os animais triblásticos.


Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Altaba, C. R. et al., 1991. Invertebrats no artròpodes. Història Natural dels Països Catalans, 8. Enciclopèdia Catalana, S. A., Barcelona, 598 pp. ISBN 84-7739-177-7
  • Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W., 2006. Principios integrales de zoología, 13ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XVIII+1022 pp. ISBN 84-481-4528-3
  • Meglitsch, P.A Zoología de invertebrados, 2ª edición. Ed.Pirámide, Madrid 1986 pp 170-171 ISBN 84-368-0316-7

Ligazóns externas