Química analítica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 13:
As características xerais da química analítica foron establecidas a mediados do século XX. Os [[Análise gravimétrico|métodos gravimétricos]] adoitaban ser preferidos aos volumétricos e o emprego do [[soplete]] era común nos laboratorios. Autores como [[Heinrich Rose]] (1795-1864) e Karl R. Fresenius (1818-1897) publicaron influentes obras durante eses anos que estableceron as características xerais da disciplina. O segundo foi ademais o editor da primeira revista dedicada exclusivamente á química analítica, ''Zeitschrift für analytische Chemie'' (''Revista de Química analítica''), que comezou a aparecer en 1862. Karl R. Fresenius creou tamén un importante laboratorio dedicado ao ensino da química analítica e á realización de análises químicas para diversas institucións estatais e industrias químicas.
 
O desenvolvemento dos métodos instrumentais da análise química produciuse no último cuarto do século XIX, grazas ao establecemento dunha serie de correlacións entre as propiedades físicas da [[espectroscopia]] e fixeron posible o descubrimiento de numerosos elementos. O primeiro método de análise instrumental foi desenvolvido por [[Robert Bunsen]] e [[Gustav Kirchhoff]] e baseouse na [[Espectroscopia de absorción atómica|espectroscopia de absorción atómica de chama]]. Utilizando esta técnica, descubriron en 1860 elementos como o [[rubidio]] (Rb) e o [[cesio]] (Cs) en 1860.<ref>Analytical Sciencess, 2001, v.17 supplement [http://wwwsoc.nii.ac.jp/jsac/analsci/ICAS2001/pdfs/0500/0571_3i05n.pdf] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120823193947/http://wwwsoc.nii.ac.jp/jsac/analsci/ICAS2001/pdfs/0500/0571_3i05n.pdf |date=23 de agosto de 2012 }}, Basic Education in Analytical Chemistry</ref> Os novos instrumentos ópticos, como o [[colorímetro]] ou o [[polarímetro]], simplificaron e fixeron moito máis rápidas unha gran cantidade de análises de importancia industrial. As leis electroquímicas establecidas por [[Michael Faraday]] (1791-1867) e os medicamentos baséanse nas investigacións de autores como [[Oliver Wolcott Gibbs]] (1822-1908) e a creación de laboratorios de investigación como o de [[Alexander Classen]] (1843-1934) que permitiron que as técnicas de análise electroquímica gañasen importancia nos últimos anos do século XIX.
 
Na década de 1920, o polaco [[Jaroslav Heyrovsky]] (1890-1967) estableceu as bases da [[polarografía]] que, máis adiante, se converteu nunha técnica de análise moi importante de determinados [[ión]]s e foi tamén empregada para o estudo da natureza dos solutos e os mecanismos de reacción en [[disolución]]. Outra das técnicas importantes que iniciaron a súa andaina neses primeiros anos do século XX foron a [[cromatografía]] que se desenvolveu enormemente nas décadas posteriores. O século XX estivo tamén caracterizado pola chegada de instrumentos como o [[pH-metro]] e o gran desenvolvemento dos métodos espectrocópicos, particularmente a [[espectroscopia infravermella]] e a [[resonancia magnética nuclear]], que tiveron unha grande aplicación en moitas áreas da química, especialmente na [[química orgánica]].
Liña 72:
*Bettencourt da Silva, R; Bulska, E; Godlewska-Zylkiewicz, B; Hedrich, M; Majcen, N; Magnusson, B; Marincic, S; Papadakis, I; Patriarca, M; Vassileva, E; Taylor, P; Analytical measurement: measurement uncertainty and statistics, 2012, {{ISBN|978-92-79-23070-7}}.
=== Ligazóns externas ===
* [httphttps://web.archive.org/web/20070522124407/http://www.geocities.com/ciericorp/quimica.htm Software para diversos cálculos en química analítica] (inclúe cálculos de composición porcentual e [[solución]]s)
 
{{Control de autoridades}}