André, apóstolo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 31:
 
== Veneración ==
 
Santo André é un dos santos máis venerados polas igrexas cristiás; o feito de figurar nos evanxeos o seu nome sempre entre os catro primeiros nos listados dos apóstolos e a narración, no Evanxeo de Xoán, que o fai o primeiro discípulo de Xesús, fundamentan a súa relevancia.
 
En [[Galicia]] é un dos santos máis venerados, pretopatrón de multitude de parroquias e que nas orixes do cristianismo competía con Santiago en importancia. Preto dos acantilados de Vixía de Herbeira, a capela de [[Teixido, Cedeira|Santo André de Teixido]] garda un dedo do apóstolo segundo a tradición do país e a lenda popular. Trátese dun dos grandes centros de peregrinación do pobo galego ata o punto de que se afirma que ''a SanSanto AndrésAndré de Teixido vai de morto quen non foi de vivo''.
 
[[Xerome de Estridón]] escribiu que as [[reliquia]]s foron trasladadas de Patras a Constantinopla por orde do emperador [[Constantino II]]. En [[1208]] os cruzados de occidente saquearon Constantinopla e levaron as reliquias de Santo André á cidade italiana de [[Amalfi]] cuxa catedral está adicada a este apóstolo. O Papa [[Paulo VI]], como xesto de boa vontade coa Igrexa Ortodoxa, ordenou devolver ás reliquias que se atopaban en Roma á Igrexa Grega, concretamente a Patras.