Pobo romanés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 28:
}}
Os '''romaneses'''<ref>{{DRAG|romanés}}</ref> (en {{lang-ro|români}}) son un [[etnia|grupo étnico]] que habita principalmente en [[Romanía]] que comparte unha cultura, uns devanceiros e unha lingua común, a [[lingua romanesa]]. Autores importantes consideran que os [[pobo moldavo|moldavos]] tamén son romaneses, o cal os convertería en predominantes tamén en [[Moldavia]].<ref name="davidlevinson">A palabra ''moldavo'' indica nacionalidade, pero de feito os moldavos son etnicamente romaneses: David Levinson, ''Ethnic Groups Worldwide: A Ready Reference Handbook By'', 1998, Greenwood Publishing Group.</ref><ref name="coutryst">De acordo co censo do ano 1989, a poboación total de Moldavia era de 4.335.400 persoas. A nacionalidade máis importante da república, as persoas etnicamente romanesas, eran 2.795.000 persoas, un 64,5 por cento da poboación: «Porén, iso só é unha interpretación dos resultados do censo. O debate sobre a etnicidade dos moldavos e os romaneses é delicada.»
[http://www.ruc.dk/cuid/publikationer/publikationer/mobility/mobility2/Ciscel Identitat nacional de Moldàvia] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090113170738/http://www.ruc.dk/cuid/publikationer/publikationer/mobility/mobility2/Ciscel |date=13 de xaneiro de 2009 }} {{en}}, p. 108 e seguintes) Fonte: [http://countrystudies.us/moldova/15.htm Biblioteca do Congreso dos EUA].</ref> Os romaneses forman minorías étnicas en diversos países veciños.
 
Os romaneses son unha nación no sentido de ''[[etnia|ethnos]]'' (en romanés, ''neam''); é dicir, a nación defínese máis polo sentido de pertenza a unha cultura romanesa común, a un mesmo grupo humano e a unha comunidade que fala [[lingua romanesa|romanés]] como lingua materna que non pola cidadanía ou polo feito de vivir nun país en concreto. A lei de cidadanía romanesa,<ref>[http://www.romanianpassport.co.il/english/romanian-citizenship-law/ Lei de cidadanía romanesa,] en inglés</ref> promulgada en marzo do ano 1991, estabelece que a segunda e a terceira xeración que descende de romaneses teñen dereito a obter a cidadanía romanesa se falan un romanés fluído e demostran un coñecemento suficiente da historia e a cultura romanesas. Arredor do mundo, uns vinte e catro millóns de persoas teñen o romanés como lingua nai.<ref>[http://dpel.unilat.org/DPEL/Creation/Odyssee/5.ro.asp Datos] segundo a Unión Latina.</ref>