Planta vascular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Cretácico +Cretáceo)
Recuperando 0 fontes e etiquetando 2 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 90:
Nos taxons sen follas (''[[Psilotum]]'') os esporanxios sitúanse directamente sobre o talo, nos taxons con follas, os esporanxios sitúanse nas follas (converténdose estas en "'''esporófilos'''").
 
Dentro dos esporanxios prodúcese a meiose que forma as '''esporas''' haploides, que logo serán liberadas ou non, e ao dividirse por mitose darán '''gametófitos''' haploides. Nas cormófitas máis antigas (como os fieitos e afíns) a fase gametofítica aínda é de vida libre, pero nas máis recentes volveuse totalmente dependente do corpo vexetativo do esporófito para a súa nutrición e protección. As pteridófitas (fieitos e afíns) poden ser '''isospóricas''' (todas as esporas iguais, darán gametófitos hermafroditas) ou '''heterospóricas''' (con dúas morfos de esporas, '''[[macróspora]]s''' que darán gametófito feminino e '''[[micróspora]]s''' que darán gametófito masculino); mais as espermatófitas (ximnospermas e anxiospermas) son todas heterospóricas. Cando o esporófito é heterospórico, o gametófito desenvólvese por completo dentro da espora, sen ser de vida libre. Os gametófitos producirán as '''gametas''' femininas e masculinas (do grego ''gametes'': marido). A '''gameta feminina''' inmóbil espera ser fecundada dentro dunha estrutura onde está protexida e será nutrida (fenómeno de oogamia), esa estrutura provén do gametófito (en pteridófitas) ou do gametófito e do esporófito (en espermatófitas). Ao recibir á '''gameta masculina''' prodúcese a fecundación que dará o '''cigoto''' diploide dun novo esporófito (do grego ''zigos'': parella, xugo). O cigoto empezarase a dividir pasando por unha fase de '''embrión''' antes de converterse en adulto, o embrión nútrese das súas cubertas protectoras. Só nas espermatófitas o embrión pode manterse en estado de latencia (en forma de "semente") ata que as condicións sexan adecuadas (e prodúzase o que se coñece como "xerminación"), as pteridófitas, máis primitivas, desenvólvense directamente até adultas sen latencia. No embrión xa se distinguen os meristemas primarios: o '''meristema apical''' que dá orixe ao vástago que tamén dá orixe ás follas se as hai <ref>http://www.uri.edu/artsci/bio/plant{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }} anatomy/15.html</ref>, e un '''meristema radical''' que dá orixe á raíz primaria <ref>http://www.uri.edu/artsci/bio/plant{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }} anatomy/19.html</ref>. A raíz primaria ou raíz embrionaria pode desenvolverse ou morrer, xa que o vástago tamén pode emitir raíces que neste caso chamaranse raíces adventicias.
 
== Sistemática ==