Diferenzas entre revisións de «Pexegueiro (árbore)»

Recuperando 10 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m (→‎Produción: Arranxos varios, replaced: <BR> → <br/> (3))
(Recuperando 10 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
Os pexegos medran ben nun rango bastante limitado de lugares, xa que teñen uns requirimentos de frío que non todas as zonas do planeta poden dar. Así, en climas tropicais e ecuatoriais como no [[Ecuador]], [[Colombia]], [[Etiopía]], [[India]] ou [[Nepal]], medran en zonas altas para ter esas horas de frío.<ref name=fao2010a/><ref>[http://www.fao.org/docrep/004/ab985e/ab985e07.htm Deciduous Fruit Production - India (see Peach section), FAO United Nations]</ref> Os pexegueiros resisten temperaturas de -26 a -30&nbsp;°C, malia que ás veces a esas temperaturas poden matar os gomos florais se perduran até a primavera, perdendo toda a produción do ano. A morte dos gomos comeza a partir dos 15º baixo cero dependendo do [[cultivar]] (algúns toleran mellor o frío) e do período de xeadas.<ref>Szalay, L., Papp, J., and Szaóbo, Z. (2000). Evaluation of frost tolerance of peach varieties in artificial freezing tests. In: Geibel, M., Fischer, M., and Fischer, C. (eds.). Eucarpia symposium on Fruit Breeding and Genetics. ''Acta Horticulturae'' 538. [http://www.actahort.org/books/538/538_71.htm Abstract.]</ref>
 
Os típicos cultivares de pexegueiro comezan a dar froito a partir do terceiro ano, dando froita de calidade durante 12 anos aproximadamente. Moitos cultivares requiren entre 600 e 1000 horas de frío, cultivares con requerimentos de frío de 250 horas (10 días) ou menos foron desenvolvidas para permitir o cultivo do pexego en zonas máis cálidas. Durante os períodos fríos ocorren na planta reaccións químicas básicas antes de que o vexetal torne a regromar. Cando remata o período de frío, a planta entra no chamado período de quiescencia, o segundo tipo de dormencia. Durante a quiescencia, os rebentos comezan a se abrir e agoman cando teñen calor de abondo. A quiescencia é a fase de dormencia entre a satisfacción de frío e o comezo do crecemento.<ref>{{Cita web|title=Peach tree physiology|publisher=University of Georgia|year=2007|url=http://www.ent.uga.edu/peach/peachhbk/pdf/physiology.pdf|data-acceso=03 de setembro de 2012|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100610090104/http://www.ent.uga.edu/peach/peachhbk/pdf/physiology.pdf|dataarquivo=10 de xuño de 2010|urlmorta=si}}</ref>
 
Certos cultivares son máis febles, e outros, porén, aturan mellor o frío. Ademais de todo isto, para a maduración do pexego cómpre ter unha intensa calor no verán, entre 20 e 30 graos mínimas no mes de máis calor. Outro problema é que moitos pexegos medran en lugares con xeadas primaverais. O pexegueiero tende a florecer cedo, polo que as floriñas poden danarse ou incluso morrer por mor das xeadas serodias; especialmente cando as temperaturas baixan dos 4 graos baixo cero a maior parte da flores han morrer. Porén se as flores non abriron completamente poden aturar aínda un par de graos menos.
Hai centos de cultivares de pexegueiro e nectarina. Clasifícanse segundo a facilidade que ten a carne de se separar da carabuña. Por exemplo nas '''pavía''', froito da '''pavieira''' (''Prunus persiva var. vulgaris''<ref>''Os cultivos agrícolas'' en ''Vocabulario do medio agrícola'', Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. ''Gran dicionario Xerais da lingua galega''. Vigo, Xerais, 2009. ''Vocabulario ortográfico da lingua galega''. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004</ref>), a polpa está moi pegada á carabuña (o que en inglés se coñece coma ''clingstones''). Os que se separan facilmente da carabuña se denominan ''freestones''
 
O cultivo do pexego favoreceu algúns cultivares con máis firmeza, unha cor máis avermellada, e veludo máis curto; características importantes comercialmente. Pola contra estas características non implican que o froito teña máis sabor. Ademais cómpre salientar que o pexego non é un froito que teña unha longa vida post colleita, polo que forn seleccionados cultivares para poder exportar garantindo a firmeza.<ref>{{Cita web|title=Varieties - Peaches|author=W.R. Okie|publisher=United States Department of Agriculture|year=2005|url=http://www.ent.uga.edu/peach/peachhbk/preplant/varieties.pdf|data-acceso=03 de setembro de 2012|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130114152347/http://www.ent.uga.edu/peach/peachhbk/preplant/varieties.pdf|dataarquivo=14 de xaneiro de 2013|urlmorta=si}}</ref> Os diferentes países teñen cultivares diferentes.
 
=== Plantación ===
=== Almacenamento ===
Pexegos e nectarinas deben almacenarse a 0&nbsp;°C e alta humidade.<ref name=uri2000/> Son altamente perecedoiros, e normalmente son consumidos ou enlatadas nunha ou dúas semanas após a colleita.
Os pexegos son [[Froito climatérico|froitos climatéricos]]<ref>http://jxb.oxfordjournals.org/content/58/12/3299</ref><ref>http://www.springerlink.com/content/m4301j1756468666/</ref><ref>http://www.geochembio.com/biology/organisms/peach/</ref> e continúan a madurar despois de seren collidos da árbore.<ref>[{{Cita web |url=http://chge.med.harvard.edu/programs/food/nutrition.html] |título={title} |data-acceso=03 de setembro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120211191254/http://chge.med.harvard.edu/programs/food/nutrition.html |dataarquivo=11 de febreiro de 2012 |urlmorta=si }}</ref>
 
==== Nectarinas ====
[[Ficheiro:White nectarine and cross section02 edit.jpg|miniatura|upright|Nectarinas brancas, enteira e partida]]
A variedade ''P. persica'' var. ''nucipersica'' (ou var. ''nectarina''), comunmente chamada nectarina, ten unha pela lisa sen o veludo do pexego, polo que ás veces tense chamado pexego careca, peladillo etc. Como nectarinas e pexegos vense comercialmente coma froitos diferentes, moitas veces tense crido que a nectarina é froito do cruzamento entre pexegos e ameixas, mais son en realidade a mesma especie. Moitos estudos xenéticos conclúen que as nectarinas se producen por mor dun alelo recesivo, mentres que o veludo do pexego correspondería a un alelo dominante.<ref name=osu>Oregon State University: [httphttps://web.archive.org/web/20080714065820/http://food.oregonstate.edu/faq/uffva/nectarine2.html peaches and nectarines]</ref>
 
O mesmo ca os pexegos, as nectarinas poden ser brancas ou amarelas, coa carabuña pegada ou solta da polpa. Normalmente a nectarina é un chisco máis miúda e un pouco máis doce ca o pexego.<ref name=osu/> A falla de veludo fai que as nectarinas semellen máis encarnadas ca os pexegos, pero á vez, por este motivo machúcanse máis facilmente.
|colspan=3 style="font-size:90%" |''Fonte: FAO (Food & Agriculture Organization)''<ref name=fao2010a>{{Cita web|url=http://faostat.fao.org/site/567/DesktopDefault.aspx?PageID=567#ancor |title=Major Food And Agricultural Commodities And Producers - Countries By Commodity |publisher=Fao.org |date= 2011|accessdate=2012-08-18}}</ref>
|}
Produtores de pexego historicamente importantes son a [[China]], [[Irán]], Francia e os países do Mediterráneo, coma [[Italia]], [[España]] e [[Grecia]]. En España son [[Cataluña]], [[Aragón]] e [[Murcia]] as rexións de produción máis importantes, ocupando un lugar destacábel [[Estremadura]] e [[Andalucía]].<ref>http://www.vidarural.es/articulos-produccion-comercializacion-y-consumo-melocoton-espana/1/1558.html</ref> Recentemente os Estados Unidos ([[California]], [[Carolina do Sur]]<ref>Fort Valley State University College of Agriculture: [httphttps://web.archive.org/web/20080530124208/http://www.ag.fvsu.edu/publicat/commoditysheets/fvsu001.htm Peaches]</ref> e [[Xeorxia, Estados Unidos de América|Xeorxia]]<ref>Georgia Peach: [http://www.american.edu/TED/georgiapeach.htm Georgia Peach Study]</ref>), Xeorxia é tamén coñecida como o "Peach State" (estado do pexego), pola súa abondosa produción deste froito.<ref>http://www.webmd.com/food-recipes/features/peach-10-healthy-facts</ref> O Canadá (British Columbia), e Australia (Riverland) tamén son hoxe importantes.<ref>[http://www.betterfarming.com/online-news/growers-left-lurch-cangro-plant-closures-go-ahead-390 Growers left in lurch as CanGro plant closures go ahead]</ref> As zonas de [[clima oceánico]], como o oeste de Europa, non son xeralmente satisfactorias para o cultivo do pexego por mor da falla de calor no verán, polo que ás veces cultívanse á beira dun muro, coma no caso dos cítricos, para apañar a calor acumulada na parede. Deste xeito, e sempre cunha orientación ao sur, as árbores poden florecer e ter unha boa produción. Isto ocorre en zonas coma o sur de Inglaterra ou Galicia, que non son zonas produtoras, xa que, por mor destas condicións, a comercialización non é rendíbel.
 
Téñense tamén desenvolvido variedade ananas que non pasan dos 2 ou 3 metros de altura. O tamaño da froita, porén, non se ve afectado.
Os pexegos non son só unha froita popular, senón que constitúen un símbolo en moitas culturas tradicionais exaltados artisticamente en pinturas e relatos populares.
Na China apréciase moito os pexegueiros en flor. Os antigos chineses crían que o pexegueiro tiña unha grande vitalidade, xa que florece antes de que saian as follas. A lenda di que [[Momotaro]], un dos nobres e heroes máis notábeis do Xapón, naceu dun enorme pexego que frotaba nun regueiro. Momotaro ou o "Rapaz Pexego" viviu grandes aventuras, incluso loitou contra o demo''oni'' do folclore nipón.
Na Corea, os pexegos téñense cultivado durante séculos. Segundo ''[[Samguk Sagi]]'', os pexegueiros foron plantados no período dos ''tres reinos de Corea'' ''[[Sallim gyeongje]]'' tamén escribiu sobre o seu cultivo. O pexego vese coma un froito de ledicia, riqueza, honra e lonxevidade. É un dos dez froitos da inmortalidade, polo que aparecen e moitas pinturas tradicionais (''minhwa''). Ademais os pexegueiros teñen a fama de espantar os espíritos.<ref>{{Cita web |url=http://100.nate.com/dicsearch/pentry.html?s=B&i=1013997&v=43 |title=한국에서의 복숭아 재배 |trans_title=Peach cultivation in Korea |publisher=[[Nate]] / [[Britannica]] |language=Korean |accessdate=2010-01-12 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120524221609/http://100.nate.com/dicsearch/pentry.html?s=B&i=1013997&v=43 |dataarquivo=24 de maio de 2012 |urlmorta=si }}</ref><ref>{{Cita web |url=http://100.nate.com/dicsearch/pentry.html?s=K&i=255510&v=43 |title=복숭아 |trans_title=Peach |publisher=[[Nate]] / [[Encyclopedia of Korean Culture]] |language=Korean |accessdate=2010-01-12 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120524224042/http://100.nate.com/dicsearch/pentry.html?s=K&i=255510&v=43 |dataarquivo=24 de maio de 2012 |urlmorta=si }}</ref>
 
No Vietnam tamén é unha árbore venerada. En Europa moitos artistas sonados pintaron naturezas mortas con pexegos. Caravaggio, Vicenzo Campi, Pierre Auguste Renoir, Claude Monet, Edouard Manet, Henri Jean Fantin-Latour, George Forster, James Peale, Severin Roesen, Peter Paul Rubens, Van Gogh están entre estes artistas que pintaron pexegos e pexegueiros.<ref>{{Cita publicación periódica|title=Still Life With Peaches|author=Janet M. Torpy|journal=JAMA|year= 2010|volume=303|number=3|pages=203-203}}</ref><ref name=janick>[{{Cita web |url=http://www.hort.purdue.edu/newcrop%20/Hort_306/reading/Reading%2040-1.pdf |título=Caravaggio’s Fruit: A Mirror on Baroque Horticulture - Jules Janick] |data-acceso=03 de setembro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130114151216/http://www.hort.purdue.edu/newcrop%20/Hort_306/reading/Reading%2040-1.pdf |dataarquivo=14 de xaneiro de 2013 |urlmorta=si }}</ref><ref>{{Cita web|title=Caravaggio - Still Life with Fruit on a Stone Ledge (Book: Papers of the Muscarelle Museum of Art, Volume 1)|author=Aaron H. de Groftyear=2006|url=http://www.johntspike.com/uploads/CaravaggioFinalText12-23.pdf|data-acceso=03 de setembro de 2012|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130114152349/http://www.johntspike.com/uploads/CaravaggioFinalText12-23.pdf|dataarquivo=14 de xaneiro de 2013|urlmorta=si}}</ref> Na [[Renacemento|Renacenza]], usouse o pexego de xeito simbólico para representar o corazón, e a folla que o acompaña coma a lingua, o que simbolizaba dicir a verdade de corazón
 
== Nutrición ==
| Folatos || 4&nbsp;ug
|}
Un pexego medio pesa 75 g e normalmente contén 30 Cal. 7 g de carbohidratos (6 g de azucres e 1 g de fibra), 1 g de proteínas, 140&nbsp;mg de potasio e o 8% do valor diario recomendado de vitamina C.<ref>USDA Handbook No. 8</ref> As nectarinas fornecen o dobre de vitamina A e algo máis de vitamina C, sendo tamén unha maior fonte de potasio ca os pexegos.<ref name=uri2000>{{Cita web|title=Peach and Nectarine Culture|publisher=University of Rhode Island|year=2000|url=http://www.uri.edu/ce/factsheets/sheets/peaches.html|data-acceso=03 de setembro de 2012|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130114152342/http://www.uri.edu/ce/factsheets/sheets/peaches.html|dataarquivo=14 de xaneiro de 2013|urlmorta=si}}</ref>
 
Coma outros membros da familia das [[Rosaceae|rosáceas]], as carabuñas dos pexegos conteñen [[glicósido]]s cianoxénicos, incluíndo [[amigdalina]]. Estas substancias son capaces de descomporse nunha molécula de azucre e en gas [[cianuro de hidróxeno]]. Malia non ser as carabuñas de pexego as máis tóxicas entre as rosáceas, posto que leva a améndoa acre, grandes doses de estes químicos poden ser perigosas para o ser humano.
143.888

edicións