Intestino groso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Exploración: engado "enfermidades" a partir de es:intestino grueso
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 14:
 
== Relacións das porcións do intestino groso ==
[[Ficheiro:3DPX-002736 Large intestine Nevit Dilmen.stl|miniatura|200px|Vista en 3D do intestino groso xerada mediante [[Tomografía axial computarizada|tomografía computerizada]].]]
* '''Cego e válvula ileocecal:''' o [[Intestino cego|cego]] é a primeira porción do intestino groso. É case sempre intraperitoneal. Na súa continuación a colon ascendente pasa de intra a retroperitoneal. Por iso forma uns recesos no arranque do mesoapéndice e unión ileocecal. A válvula ileocecal está no sitio polo que o [[íleo]] terminal vai desembocar no cego. Esta desembocadura realízase por medio dunha abertura lonxitudinal rodeada de músculo circular (o lonxitudinal continúase directamente co colon ascendente e o cego). A súa función é posiblemente atrasar o progreso do contido intestinal cara ó intestino groso.
* '''Apéndice vermiforme:''' É un divertículo que aparece no intestino primitivo, sumamente infiltrado por [[linfocito|células linfoides]]. A súa lonxitude é variable (2–15 cm, como media 9 cm), así como a súa posición no abdome (ventromedial ó cego, retrocecal, subhepático etc.), que depende en gran medida da amplitude do mesoapéndice. É de gran interese [[diagnóstico]] pola frecuencia coa que se inflama, dando lugar á [[apendicite]].