Nebulosa de emisión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno using AWB
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 8:
A cor dunha nebulosa depende da composición química e do grao de [[ionización]] da mesma. Debido á predominancia do [[hidróxeno]] no gas interestelar, e o seu relativamente baixo nivel de enerxía de ionización, moitas das nebulosas de emisión amósanse vermellas debido as fortes emisión das [[series de Balmer]]. Se hai máis enerxía dispoñible, outros elementos poden ser ionizados, amosándose así nebulosas verdes ou azuis. Examinado o [[espectro electromagnético|espectro]] da nebulosa, os astrónomos poden deduci-la súa composición química. A meirande parte das nebulosas de emisión teñen ó redor dun 90% hidróxeno, con trazas de [[helio]], [[osíxeno]], [[nitróxeno]], e outros elementos.
 
Algunhas das máis prominentes nebulosas de emisión visibles do [[hemisferio norte]] son a [[Nebulosa de Norteamérica]] (NGC 7000) e a [[Nebulosa do Velo]] (NGC 6960/6992) na [[constelación]] de [[Cygnus]], e no [[hemisferio sur]] están coma exemplo a [[Nebulosa da Lagoa]] (M8 / NGC 6523) na constelación de [[Sagittarius]] e a [[Nebulosa de Orión]] (M42).<ref>McArthur,Frommert and Kronberg. "Messier 42" ''Messier Object 42''. 12 de abril do 2006. 17 de xullo do 2007.[httphttps://web.archive.org/web/19990428062435/http://seds.org/messier/m/m042.html]</ref> Máis no interior do hemisferio sur está a [[Nebulosa de Carina]] (NGC 3372).
 
As nebulosas de emisión a miúdo teñen areas escuras coma resultado de nubes de po [[medio interestelar|interestelar]] que son opacas. A combinación de nebulosas de emisión con nubes de opacas de po crean fermosos obxectos astronómicos, e moitas destas nebulosas tomaron o nome dos obxectos ós que se asemellaban, coma a [[Nebulosa de Norteamérica]] ou a [[Nebulosa do Cucurucho]].