Diferenzas entre revisións de «Camerún»

m
→‎Xeografía: + info e ref.
(*da Guinea (segundo a RAG))
m (→‎Xeografía: + info e ref.)
 
No país distínguense varias rexións. Unha delas é a rexión litoral que vai desde a costa fronteiriza con Nixeria ata a fronteiriza coa Guinea Ecuatorial. A cidade máis importante da costa de Camerún é [[Buea]]. Posteriormente a altura do país vaise elevando gradualmente: así, [[Douala]] atópase case ao nivel do [[mar]], no estuario do río [[Río Wouri|Wouri]] e [[Yaoundé]] atópase situada xa a uns 700 metros sobre o nivel do mar. Pasado Yaoundé atópase un macizo montañoso que separa esta zona do país da do norte. A cidade máis importante desta zona montañosa é [[Tibesti]]. O norte o territorio é máis chairo. As cidades máis importantes do norte de Camerún son [[Garoua]] e [[Maroua]]. No extremo norte do país atópase unha porción do [[lago Chad]]. No sur e o sueste o territorio convértese en [[selva]], a cal vaise facendo máis espesa a medida que nos achegamos á fronteira coa [[República do Congo]]. Na meseta oeste, na fronteira con Nixeria, atópase a zona anglófona do país, cuxa cidade máis importante é [[Bamenda]].
 
No século XXI, a minoría anglófona incrementou a súas protestas contra o goberno central do país (de maioría francófona), chegando a declarar a independencia da rexión o [[1 de outubro]] de [[2017]]. Segundo a [[ONU]], Camerún tiña en 2018 arredor de 250.000 desprazadas internos<ref>[https://www.ara.cat/internacional/octubre-camerunes_0_2076392468.html ''L’1 d’octubre camerunès''], ''[[Diari Ara]]'', [[25 de agosto]] de [[2018]] {{ca}}.</ref>.
 
== Economía ==
44.545

edicións