Mumia Abu-Jamal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m poño modelo Biografía
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 84:
 
== Vida en prisión ==
Dende o seu encarceramento, Abu Jamal continuou co seu activismo político, publicando ''[[Live from Death Row]]'' (''Vida no corredor da morte''), sobre a vida dentro das prisións. Tamén conseguiu unha titulación en artes polo [[Goddard College]], e tamén un título de posgrao pola [[Universidade do Estado de California]], ambos a distancia. Tamén gravou os discursos de graduación para distintas promocións de varios centros, e participa facendo comentarios en numerosos programas de radio. Tamén tivo o seu propio programa de radio que pode ser escoitado online na [[Prison Radio]] [https://web.archive.org/web/20071027080503/http://www.PrisonRadioprisonradio.org/mumia.htm].
 
A organización [[Axis of Justice]] (''Eixo da Xustiza'') entrevístao semanalmente no seu programa de radio. En [[1999]] a revista [[Vanity Fair]] escribiu que [[Phillip Bloch]] o visitara en [[1992]] e que Mumia manifestara o seu arrepentimento polo asasinato. Mumia negou a veracidade deste relato e agradeceulle á revista, non o seu traballo, senó o feito de xerar debate.