Mosteiro de San Salvador de Celanova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 50:
Arredor do ano [[937]], San Rosendo construíu un [[cenobio]] na aldea de Vilar, nuns terreos propiedade do seu irmán, o conde [[Froila Gutiérrez]]<ref name="Turgalicia"/>. Segundo conta a tradición, o mozo Rosendo recibiu en sonos unha revelación pola cal debía fundar no lugar de Vilar, actual Celanova, un cenobio. Segundo a lenda, San Rosendo subiu a un monte preto a Celanova, lanzou desde alí unha pedra, e no lugar onde caeu a pedra foi onde o Santo levantou o cenobio.<ref name=revista/>
 
[[Rosendo de Celanova|San Rosendo]] foi bispo de [[Mondoñedo]] e de [[Iria]], e [[Ordoño III]] nomeouno vicerrei de Galiza, mais retirouse ao pouco a este [[cenobio]], onde foi o seu segundo [[abade]] até a súa morte o [[1 de marzo]] de [[977]]. O seu primeiro [[abade]] foi [[Franquila]], que fora fundador do [[Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil]], de onde provirían os monxes para a nova comunidade. Trala súa morte no ano [[955]] sucedeuno no cargo San Rosendo.<ref name="Terra">[http://www.terradecelanova.com/html/el_monasterio.htm Páxina do mosteiro na web Terra de Celanova] {{es}}</ref> Deste primitivo mosteiro só queda a pequena capela de San Miguel, situada no que debeu ser anteriormente unha capela adicada a San Martín.<ref name=maxia>[http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/OURENSE/celanova/sanrosendo.html Páxina na web Galicia Máxica]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref><ref name=arte>http://www.arteguias.com/orense/celanova.htm</ref>
 
Foi bendicida o [[25 de setembro]] do ano [[942]], atrás quedaban cinco anos de traballos.<ref name="Terra"/>