Metroloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 3:
A '''metroloxía''', do [[lingua grega|grego antigo]] μέτρoν (''métron'', 'medida') e ''λόγoς'' (''lógos'', 'tratado') é a ciencia da [[medición]] ou da [[medida]]. (En [[lingua grega|grego antigo]] o termo μετρολογία, ''metrología'', significaba 'teoría das relacións').<ref>[http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.04.0057%3Aentry%3Dmetrologi%2Fa μετρολογία], Henry George Liddell, Robert Scott, ''A Greek-English Lexicon'', Perseus.</ref>
 
A [[Oficina internacional de pesos e medidas]], [[OIPM]] (''International Bureau of Weights and Measures, BIPM'', en inglés) define a ''metroloxía'' como a ciencia da medida, que inclúe o estudo, mantemento e aplicación do [[sistema de pesas e medidas]], tanto desde o punto de vista [[experimento|experimental]] como [[teoría|teórico]] e tamén o nivel de [[incerteza]] no campo da ciencia e a tecnoloxía.<ref>[http://www.bipm.org/en/convention/wmd/2004/ Bureau International des Poids et Mesures, BIPM] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20110927012931/http://www.bipm.org/en/convention/wmd/2004/ |date=27 de setembro de 2011 }} {{fr}}, {{en}}</ref>
 
Abrangue, ademais, todos os [[aspecto]]s [[teórico]]s e [[práctico]]s que aseguran a precisión exixida no proceso produtivo, procurando garantir a [[calidade]] de [[produto]]s e [[servizo]]s a través da [[calibración]] dos [[instrumentos de medida]], sexan analóxicos ou electrónicos (dixitais), e da realización de [[Ensaios de materiais|ensaios]], sendo a base fundamental da competitividade das empresas.