Metallica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 27:
=== Kill 'em All ===
 
A principios de 1983 o manager e promotor de concertos Johnny Zazula ponse en contacto co grupo para lles ofrecer un traslado a [[Nova]] , coa idea de organizar varios concertos na Costa Oeste, e se todo marchaba ben, gravar un álbum. Tras acepta-la oferta, Metallica inicia o viaxe o 1 de abril, e tras atravesar todo o país, fixan o seu novo lugar de residencia no ''The Music Building'' de [[Yonkers]], un edificio no que cohabitaban con varias bandas de rock, entre as que se atopaba [[Anthrax]], o que supuxo o inicio dunha gran relación de amizade e camaradería. Ós dez días da súa chegada a [[Nova]] , a situación con [[Dave Mustaine]] faise completamente insostible, co que Hetfield e Ulrich sorprenden a un Mustaine recentemente esperto lle anunciando que estaba fóra do grupo e que nun breve prazo saía o autobús que reservaran para a súa voltada a casa<ref>VH1 - Behind the Music: Metallica</ref>. Para algúns, o factor que foi finalmente decisivo para a expulsión de Mustaine foi o accidente de furgoneta que este provocou ó conducir borracho no traxecto que levou ó grupo de [[San Francisco]] a [[Nova]] <ref>Metallica World - Perfil Dave Mustaine : http://www.metallicaworld.co.uk/dave_mustaine.htm {{Webarchive|url=https://www.webcitation.org/65scN9Ot2?url=http://www.metallicaworld.co.uk/dave_mustaine.htm |date=03 de marzo de 2012 }}</ref> . De forma simultánea á expulsión, [[Kirk Hammett]] deixaba [[Exodus]] e dispúñase a saír cara [[Nova]] , chegando esa mesma noite a altas horas da madrugada. Alumno de [[Joe Satriani]]<ref>Encycmet.com - Blue Jean Magazine (Xullo 2002) : http://www.encycmet.com/news/2002-07-03.shtml</ref>, Hammett introduciría un son máis melódico, técnico e estilizado en Metallica, que se faría patente a partir do segundo álbum do grupo, posto que o primeiro estaba composto na súa totalidade no momento da súa entrada. O debut do novo guitarrista tería lugar no neoyorquino ''Showplace'' abrindo para ''The Rods''.
 
Tras un mes de ensaios con Hammett, Metallica entraría finalmente o 10 de maio nos ''Music America Studios'' para grava-lo seu primeiro álbum. O [[tracklisting]] sería practicamente igual que o de ''Non Life 'til Leather'', incluíndo como novidades o tema ''Whiplash'', xa aparecido en ''Live Metal Up Your Ass'' e o só de baixo que Burton adoitaba executar nos concertos<ref>Metallica - Cliff'em All. Dirixido por Jea Pellerin e Doug Freel. Editado o 4 de Decembro de 1987</ref>, baixo o nome de ''Anesthesia - Pulling Teeth''. Ademais, tamén se incluiría unha versión remozada do tema ''The Mechanix'', engadindo novos riffs e a rebautizando como ''The Four Horsemen''. A produción correría a cargo de Paul Curcio, propietario dos estudios e enxeñeiro residente, levantando o seu traballo suspicacias por parte do grupo debido á diferenza de criterios con respecto ó son do álbum. Tras seis semanas de traballo, o primeiro traballo de Metallica sería lanzado no mes de xullo baixo o nome ''Kill'em All''. Dito nome ("Matalos a Todos") proviña do enfado que produciu no grupo a negativa de diversas distribuidoras de discos a comercializa-lo álbum co título que o grupo quería lle dar, ''Metal Up Your Ass'' ("Metal polo Cu"). Zazula, incapaz de atopar unha compañía discográfica interesada en publica-lo disco, optou finalmente pola fundación dun selo propio, [[Megaforce Records]]. Conseguíuse a cifra de 17.000 copias vendidas nas dúas primeiras semanas<ref>Tomás, Enrique - "Metallica". Editorial A Máscara. Ano 1996. ISBN 84-7974-133-3</ref>, e sobre todo, Kill'em All contribuíu notablemente a estende-la boa reputación de Metallica, recibindo unha avalancha de críticas favorables por parte da prensa especializada, que xa comezaba a los ve como os iniciadores dunha nova corrente dentro do mundo do metal.
Liña 66:
 
=== Newsted, Trujillo, Anger e Monster ===
En [[2001]] o baxista [[Jason Newsted]], quen anteriormente (período Loade-Reload) tivera serias discusións cos demais integrantes sobre os seus proxectos fóra do grupo, abandonaría Metallica alegando desgaste físico e motivos persoais. Pouco tempo despois, na controvertida entrevista realizada por [[Playboy]] <ref>Playboy - Número de Abril de 2001. Edición Estadounidense. Transcrición completa da entrevista en http://www.playboy.com/arts-entertainment/features/metallica/index.html {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20051228062139/http://www.playboy.com/arts-entertainment/features/metallica/index.html |date=28 de decembro de 2005 }}</ref> a tódolos membros da banda por separado varios meses antes a marcha de Jason, descubriríase que unha gran parte a marcha do baxista viña fundamentada pola rotunda negativa de Hetfield á publicación do disco de Echobrain, a banda alternativa de Newsted. Tras un longo casting en busca de substituto, sería substituído por [[Robert Trujillo]], quen foi baxista de [[Suicidal Tendencies]] (banda hardcore de Venice) e baxista de Ozzy Osbourne. Cabe resaltar que Jason Newsted, tras deixar Metallica, pertenceu durante un tempo á banda de Ozzy. Este mesmo ano se crea a banda tributo satírica, [[Beatallica]], a cal fusiona a música de [[The Beatles]] e Metallica. Eles tiveron un problema legal con Sony, que ten os dereitos sobre o material dos Beatles, pero foron axudados por Lars Ulrich <ref>[http://www.mtv.com/news/articles/1498194/20050316/metallica.jhtml?headlines=true. Metallica Mash-Up Band Gets By With A Little Help From Its Friend ... Lars] [[MTV]] (en inglés)</ref>.
 
A banda volvería ó panorama musical internacional en [[2003]], con novo traballo de estudo titulado "St. Anger" e repetindo no posto de produtor Bob Rock, quen ademais toca o baixo no álbum. Fieis á súa pauta de evolucionar con cada novo álbum, en "St. Anger" mestúranse os ritmos puramente thrash con melodías moi características do denominado [[Nu-Metal]], sen abandona-lo factor comercial que tanta polémica xerou en torno á súa figura nos últimos 10 anos e que novamente lle reportou grandes éxitos de vendas. Como peculiaridades do disco destaca a ausencia absoluta de sos de guitarra, e un son da caixa da batería totalmente novedoso e igualmente polémico que podería se comparar cun [[tambor]] metálico.