Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 26:
En 1902 publicouse o libro ''La sed de amar'', do escritor [[Estremadura|estremeño]] [[Felipe Trigo]], que tivo unha gran repercusión na época.<ref>"El erotismo en las novelas de Felipe Trigo" de Alma Taylor Watkins (dispoñible en internet, páx. 102 do pdf).</ref> Esta obra incorpora a historia de Marcela e Elisa dándolles os nomes de Rosa e Claudia. O perfil das mulleres e a historia da súa relación transcribe con case total equivalencia a historia real. O propio autor fai constar a pé de páxina nalgunhas versións publicadas que a historia é real e que ocorreu na Coruña en 1901.<ref>"Decimonónica - Revista de producción cultural hispana" da [[Universidade do Norte de Illinois]]. Nesta revista aparece o artigo de Louise Ciallella: "Making Emotion Visible - Felipe Trigo and ''La sed amar''", que informa da publicación do libro e de como recolle as figuras de Marcela e Elisa.</ref>
 
En 2003, o redactor xefe da [[cadena SER]] Isaías Lafuente publicou o libro ''Agrupémonos Todas'' (2003), no que fixo un percorrido polo máis destacado do [[feminismo]] no século XX. Nesa obra sinala a historia de Marcela e Elisa como un dos feitos máis significativos relacionados con este movemento acontecidos en Galicia xunto coa figura de [[Emilia Pardo Bazán]].<ref>{{Cita web|url=http://www.felgt.org/temas/varios/i/14114/106/fallado-el-premio-marcela-y-elisa|páxina-web=FELGTB|título=Fallado el Premio Marcela y Elisa|urlarquivo=httphttps://web.archive.org/web/20070927015451/http://www.felgt.org/temas/varios/i/14114/106/fallado-el-premio-marcela-y-elisa|data-acceso=7 de xullo de 2018|lingua=es|dataarquivo=27 de setembro de 2007|urlmorta=si}}</ref>
 
O 18 de decembro de 2008 presentouse no paraninfo da [[Universidade da Coruña]] o libro de [[Narciso de Gabriel]] ''Elisa e Marcela - Alén dos homes'', traballo de máis de 300 páxinas que recolle o periplo da parella entre que fuxiron da Coruña en xuño de 1901 ata o ano 1904.