Mancomunidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 13:
Pero, malia a pertenza veciñal destes montes, a súa extensión territorial, as súas posibilidades económicas, así como o seu valor medioambiental convértenos en elementos transcendentais na economía galega. A causa disto, a administración pública regula o seu uso e tanto a [[Audiencia Provincial da Coruña]] como o [[Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]] xogan un papel fundamental. Noutrora foron fundamentais para a subsistencia dos veciños, onde alindaban o [[gado]], apañaban esquilmo ou [[estrume]], [[leña]] para facer lume, sementaban [[trigo]] ou [[centeo]], apañaban [[Piña (coníferas)|piña]]s, etc. Non existía unha verdadeira organización, senón que todos tiñan dereito, segundo conviña, de traballar ou apañar os bens do monte. Hoxe existen novos aproveitamentos, ademais dos forestais, como parques eólicos, ou incluso establecéronse naves industriais.
 
Galiza conta con 2.900 comunidades de montes que xestionan máis de 700.000 hectáreas de monte veciñal, en 248 dos 316 concellos do país. A cuarta parte do territorio galego corresponde a monte veciñal en man común (unhas 700.000 hectáreas xestionadas por 2800 Comunidades de Montes)<ref>[http://mediorural.xunta.es/forestal/montes_man_comun/index.php Montes veciñais en man común.]</ref>. Ademais este réxime supón o 34% da superficie forestal, o resto é de propiedade privada individual<ref>Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. [http://www.egu.es/ Versión en liña.] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080713074541/http://www.egu.es/ |date=13 de xullo de 2008 }}</ref>.
 
As Mancomunidades de Montes legalízanse ao abeiro do artigo 15.3 da Lei 13/89 de Montes Veciñais en Man Común actualmente vixente e o artigo 47 do seu Regulamento (Decreto 260/1992). O proceso para a formación consta de tres fases: