Los Angeles Lakers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 40:
Dende a retirada de [[George Mikan|Mikan]], os Lakers perderon afección e a asistencia ao [[Minneapolis Auditorium]] diminuía, o que levou á franquía a reformularse a situación, facendo que en [[1957]] Ben Berger terminase vendendo o equipo a [[Bob Short]].<ref>[http://stewthornley.net/mplslakers.html Short faise cos Lakers]</ref> Este manifestou a súa intención de trasladar o equipo a outra cidade se non obtiña o apoio dos seareiros de [[Minneapolis]], así que o [[25 de abril]] de [[1960]], anunciou que os Minneapolis Lakers pasaban a ser Los Angeles Lakers, o equipo marchaba a [[California]].
 
Short chegou aos Angeles cun equipo competitivo, aínda que afastado do potencial dos [[Boston Celtics]] e [[Atlanta Hawks|Saint Louis Hawks]], con todo o mellor reforzo ía proceder de novo do [[Draft da NBA|draft]]. Tratábase de [[Jerry West]], elixido na segunda posición procedente de West Virginia.<ref>[{{Cita web |url=http://www.basketballreference.com/draft/draftyear.htm?yr=1960&lg=N |título=NBA Draft 1960] |data-acceso=18 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090529021801/http://www.basketballreference.com/draft/draftyear.htm?yr=1960&lg=N |dataarquivo=29 de maio de 2009 |urlmorta=si }}</ref> Con West chegou tamén Fred Schaus, o seu adestrador na universidade. O técnico mantívose até [[1967]] e devolveu aos Lakers a unhas finais na campaña [[1961]]-[[1962|62]], mais caeron derrotados ante [[Boston Celtics]] por 4 a 3.<ref>[http://www.nba.com/history/playoffs/19611962.html 1962 Playoff Results]</ref> Esta sería a tónica xeral da súa estancia nos Ánxeles, en sete anos xogou nada menos que catro Finais, caendo en todas a mans dos [[Boston Celtics|Celtics]] de [[Red Auerbach]] e [[Bill Russell]]. Nesas finais de [[1962]], [[Elgin Baylor|Baylor]] estableceu un record de anotación en playoffs que perdurou até [[1986]]. Os 61 puntos que endosou a Boston o [[14 de abril]] só foron superados por [[Michael Jordan]], que precisamente rompeu esta marca en Boston con 63 puntos, 24 anos despois.<ref>[http://www.nba.com/espanol/playoffs_ind_leaders.html Marcas Individuais nos NBA Playoffs]</ref>
 
Esta época viu nacer unha rivalidade que perdurou até os nosos días. Outra das rivalidades que non perdurou até a actualidade foi a que protagonizaron cos Hawks de Pettit. Os movementos tamén se sucederon nas oficinas, [[Jack Kent Cooke]] converteuse en [[1965]] no novo propietario do equipo tras comprar a franquía por 5 millóns de dólares. Los Angeles Lakers deixaron o [[Los Angeles Memorial Sports Area|Sports Area]] e mudáronse ao flamante [[The Forum|Forum]] en [[1967]], coa chegada do novo adestrador Bill van Breda Kolff, quen se mantivo até [[1969]], dúas tempadas onde os anxelinos chegaron a senllas Finais con idéntica sorte, 4-3 para Boston. Para frear o efecto de [[Bill Russell]], Cooke fíxose coas catro veces [[MVP da Tempada da NBA|MVP]], [[Wilt Chamberlain]], formando con [[Elgin Baylor|Baylor]] e [[Jerry West|West]], un trío anotador moi prolífico. [[Gail Goodrich|Goodrich]], unha das claves destes Lakers, marchouse a [[Phoenix Suns]] debido ao draft de expansión desa tempada. A pesar das seis finais que perderon estes Lakers pasaron á historia como un dos mellores equipos de todos os tempos.