Lituania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
goberno
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 104:
 
Lituania é un dos países que ingresou no ano [[2004]] á [[Unión Europea]] avalado por unha excelente conxuntura económica, sendo dende entón un dos países cun maior crecemento da Unión Europea, crecemento que lle valeu o alcume do Tigre báltico.<ref>[http://www.economist.com/displayStory.cfm?Story_ID=E1_TJNJNDV Lithuania, the Baltic´s Tiger]</ref> En [[2003]] rexistrou o crecemento máis alto de toda a súa historia cun incremento no [[PIB]] do 10,3 %.<ref>[http://www.globalpropertyguide.com/Europe/Lithuania/Price-History Economy, mortgage market of Lithuania]</ref>
En [[2007]] debido á recesión económica mundial, a economía de Lituania baixou o seu crecemento a un 8,7 %, o cal segue estando moi por riba da media europea e manteno como o país con maior crecemento da UE.<ref>[{{Cita web |url=http://www.businesswithspain.com/fichapais/lituania2.swf |título=BusinesswithSpain |data-acceso=14 de agosto de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140814053132/http://www.businesswithspain.com/fichapais/lituania2.swf BusinesswithSpain]|dataarquivo=14 de agosto de 2014 |urlmorta=non }}</ref> Lituania á parte de ser membro da UE, é membro da [[Organización Mundial do Comercio]] e da [[OTAN]]. Segundo a clasificación da [[ONU]], Lituania é un país con ingresos altos e cun [[Índice de Desenvolvemento Humano]] alto. A economía Lituana baséase fundamentalmente nas actividades agropecuarias e a [[silvicultura|explotación forestal]] (explotación forestal sostible como en [[Canadá]]), aínda que o [[turismo]] internacional está medrando rapidamente e estase convertendo en parte importante do desenvolvemento económico.
 
Tralo seu ingreso na Unión Europea o país báltico tamén aumentou a súa [[industrialización]]. Un dos fortes de Lituania en materia de alta tecnoloxía, son a [[biotecnoloxía]] e o desenvolvemento das tecnoloxías láser. Cabe citar que Lituania é xunto a [[Francia]], o país da UE que máis depende da [[enerxía nuclear]] (69% e 79% respectivamente),<ref>[http://www.responsables.biz/reportajes/Energia-nuclear-y-carbon:-opciones-viables Enerxía nuclear e carbón: ¿opciones viables?]</ref> polo que Lituania ten previsto pechar a súa actual planta nuclear (modelo soviético semellante ao de Chernobyl) e construír unha planta nuclear de alta tecnoloxía que abasteza a todo o país báltico, e co seu superávit permita exportar enerxía aos seus países veciños, [[Estonia]], [[Letonia]], [[Polonia]], [[Suecia]] e [[Finlandia]].