Lingua inglesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 129:
|}]]
 
No ano 2016 400&nbsp;millóns de persoas falaban inglés como [[lingua materna]] e 1&nbsp;000 millóns fálano como segunda lingua.<ref>{{cita web|título=Which countries are best at English as a second language?|url=https://www.weforum.org/agenda/2016/11/which-countries-are-best-at-english-as-a-second-language-4d24c8c8-6cf6-4067-a753-4c82b4bc865b?utm_content=buffer7d10d&utm_medium=social&utm_source=facebook.com&utm_campaign=buffer|páxina-web=World Economic Forum|dataacceso=29 de novembro de 2016}}</ref> O inglés é probablemente a terceira meirande lingua por número de falantes, despois do [[mandarín estándar|mandarín]] e o [[Lingua castelá|castelán]].{{sfn|Ethnologue|2010}} Porén, cando se xuntan os falantes nativos cos non nativos, e dependendo das estimacións, pode ser a lingua común máis falada do mundo.{{sfn|McCrum|MacNeil|Cran|2003|pp=9–10}}{{sfn|Crystal|2003a|p=69}}<ref>{{Cita novas|url=https://www.ethnologue.com/language/eng|título=English|xornal=Ethnologue|dataacceso=29 de outubro de 2016}}</ref><ref>{{Cita novas|url=https://www.ethnologue.com/language/cmn|título=Chinese, Mandarin|xornal=Ethnologue|dataacceso=29 de outubro de 2016|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160926043620/http://www.ethnologue.com/language/CMN|dataarquivo=26 de setembro de 2016|urlmorta=si}}</ref> O inglés é falado por comunidades en tódolos continentes e nas illas de tódolos grandes océanos.{{sfn|Crystal|2003b|p=106}} Os países nos que se fala o inglés poden ser agrupados en diferentes categorías polo xeito no que o inglés é empregado en cada país. Os países do "círculo interior"{{sfn|Svartvik|Leech|2006|p=2}} con falantes nativos comparten unha forma estándar de escribir e de falar. O inglés non pertence só a un país, nin ós descendentes dos colonos ingleses. O inglés é unha lingua oficial de países poboados por algúns descendentes de falantes nativos. Tamén se converteu na máis importante lingua na comunicación internacional entre persoas que comparten unha lingua non nativa en calquera parte do mundo.
 
=== Os tres círculos dos países anglófonos ===
Liña 166:
O inglés é unha [[lingua pluricéntrica]], o cal significa que ningunha autoridade nacional ten un estándar de uso para a lingua.{{sfn|Trudgill|Hannah|2008|p=2}}{{sfn|Romaine|1999}}{{sfn|Baugh|Cable|2002}}{{sfn|Trudgill|Hannah|2008|pp=8–9}} Porén, o inglés non é unha lingua dividida,{{sfn|Ammon|2008|p=1539}} a pesar da brincadeira atribuída a [[George Bernard Shaw]] segundo a cal o Reino Unido e os Estados Unidos son "dous países separados por unha lingua común".<ref>{{Cita novas|apelido=Marsh|nome=David|título=Lickety splits: two nations divided by a common language |editor=[[The Guardian]] (UK)|data=26 de novembro de 2010 |url=https://www.theguardian.com/media/mind-your-language/2010/nov/26/americanisms-english-mind-your-language |dataacceso=26 de decembro de 2015}}</ref> Tanto o inglés falado como o inglés empregado nas emisións empregan estándares de pronunciación nacionais que se estabelecen máis por costume que por regulación. As emisoras internacionais son identificadas polo país de procedencia máis que polo acento,{{sfn|Trudgill|2006}} e as versións escritas compóñense a partir da forma estándar internacional do inglés. As normas do inglés escrito estándar mantéñense puramente polo consenso dos falantes educados en inglés de todo o mundo, sen ningún tipo de supervisión por parte de ningún goberno ou organización internacional.{{sfn|Ammon|2008|pp=1537–1539}} Os oíntes estadounidenses comprenden xeralmente a maioría da radiodifusión británica, e os oíntes británicos comprenden doadamente a maioría da radiodifusión estadounidense. A maioría dos anglofalantes de todo o mundo poden entender programas de radio, programas de televisión e filmes de moitas partes do mundo de fala inglesa.{{sfn|Svartvik|Leech|2006|p=122}} Tanto as variedades estándar como as no estándar de inglés poden incluír estilos formais ou informais, que se distinguen pola escolla de palabras e sintaxe e empregan tanto rexistros técnicos como non técnicos.{{sfn|Trudgill|Hannah|2008|pp=5–6}}
 
A historia colonial dos países do círculo interno fóra de Gran Bretaña axudou ás distincións a nivel dialectal e a producir unha [[Lingua koiné|forma koiné]] en Suráfrica, Australia e Nova Zelandia.{{sfn|Deumert|2006|p=130}} A maioría dos inmigrantes que chegaron ós Estados Unidos e que non eran británicos adoptaron axiña o inglés despois de chegar. Hoxe, a maioría da poboación dos Estados Unidos é monolingüe en inglés,{{sfn|Deumert|2006|p=131}}{{sfn|Ryan|2013|loc=Table 1}} malia que o inglés só ten o status oficial en 30 dos 50 estados norteamericanos.<ref>{{cita web |url=http://www.languagepolicy.net/archives/langleg.htm |título=Language Legislation in the U.S.A. |editorial=languagepolicy.net |data=1 de febreiro de 2012 |autor=Crawford, James |dataacceso=29 de maio de 2013}}</ref><ref>{{cita web |url=http://www.us-english.org/view/13 |título=States with Official English Laws |editorial=us-english.org |dataacceso=29 de maio de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130515100118/http://www.us-english.org/view/13 |dataarquivo=15 de maio de 2013 |urlmorta=si }}</ref>
 
=== O inglés como unha lingua global ===
O inglés deixou de ser a "lingua dos ingleses" no senso de pertencer só ó pobo que é etnicamente inglesa.{{sfn|Romaine|1999|p=5}}{{sfn|Svartvik|Leech|2006|p=1}} O emprego do inglés está medrando en tódolos países para comunicacións internas e internacionais. A maioría da xente aprende o inglés por razóns prácticas máis que por razóns ideolóxicas.{{sfn|Kachru|2006|p=195}} Moitos dos falantes de inglés en África convertéronse en parte dunha comunidade "afrosaxoa" que une ós africanos de diferentes países.{{sfn|Mazrui|Mazrui|1998}}
 
A medida que a descolonización proseguiu en todo o [[Imperio Británico]] nos anos 1950 e 1960, as antigas colonias non rexeitaron o inglés senón que continuaron a usalo como estados independentes coas súas propias políticas lingüísticas.{{sfn|Mufwene|2006|p=614}}{{sfn|Northrup|2013|pp=81–86}}{{sfn|Mesthrie|2010|p=594}} Por exemplo, a visión que moitos indios tiñan do inglés pasou da asociación co colonialismo ó progreso económico e o inglés continúa a ser unha lingua oficial da India.{{sfn|Annamalai|2006}} O inglés tamén é amplamente empregado nos medios e na literatura, e o número de libros publicados en inglés anualmente na India é o terceiro meirande do mundo despois dos Estados Unidos e o Reino Unido.{{sfn|Sailaja|2009|pages=2–9}} Porén, o inglés é raramente falado como primeira lingua, contando só arredor dun par de centos de miles de persoas e menos do 5% da poboación fala inglés con fluidez na India.<ref>{{cita web|título = Indiaspeak: English is our 2nd language – The Times of India|url = http://timesofindia.indiatimes.com/india/Indiaspeak-English-is-our-2nd-language/articleshow/5680962.cms?referral=PM|páxina-web = The Times of India|dataacceso = 5 de xaneiro de 2016}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|url = http://ihds.umd.edu/IHDS_files/HumanDevelopmentinIndia.pdf|título = Human Development in India: Challenges for a Society in Transition|data = 2005|revista = Oxford University Press|doi = |pmid = |dataacceso = 5 de xaneiro de 2016|apelidos = |urlarquivo = https://web.archive.org/web/20151211124532/http://www.ihds.umd.edu/IHDS_files/HumanDevelopmentinIndia.pdf|dataarquivo = 11 de decembro de 2015|urlmorta = si}}</ref> David Crystal argumentou no 2004 que, combinando os falantes nativos e non nativos, a India tería hoxe máis xente que fala e entende o inglés que calquera outro país do mundo.{{sfn|Crystal|2004b}} Mais, o número de falantes é realmente incerto e moitos estudosos sosteñen que os Estados Unidos teñen aínda máis falantes que a India.{{sfn|Graddol|2010}}
 
O inglés moderno, ás veces descrito como a primeira [[lingua franca]] global,{{sfn|Graddol|2006}}{{sfn|Meierkord|2006|p=165}} é tamén considerada como a primeira [[lingua mundial]].{{sfn|Brutt-Griffler|2006|p=690–91}}{{sfn|Northrup|2013}} É a lingua máis empregada do mundo na publicación de xornais e de libros, nas telecomunicacións internacionais, nas publicacións científicas, no comercio internacional, no entretemento de masas e na diplomacia.{{sfn|Northrup|2013}} O inglés é, por tratado internacional, a base da [[lingua controlada]]{{sfn|Wojcik|2006|p=139}} de [[Seaspeak]] e Airspeak, empregada como [[lingua auxiliar]] da navegación{{sfn|International Maritime Organization|2011}} e da aviación.{{sfn|International Civil Aviation Organization|2011}} No pasado, adoitaba estar ó nivel do francés e do alemán no campo das investigacións científicas pero hoxe é a lingua franca ou dominante.{{sfn|Gordin|2015}} Acadou paridade co [[Lingua francesa|francés]] como lingua da diplomacia nas negociacións do [[Tratado de Versalles]] en 1919.{{sfn|Phillipson|2004|p=47}} Na fundación das [[Nacións Unidas]] a finais da [[Segunda Guerra Mundial]], foi a lingua prominente {{sfn|ConradRubal-Lopez|1996|p=261}} e hoxe é a lingua principal na diplomacia e nas relacións internacionais en todo o mundo.{{sfn|Richter|2012|p=29}} É unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.{{sfn|United Nations|2008}} Moitas outras organizacións mundiais e internacionais, incluíndo o [[Comité Olímpico Internacional]], especifican o inglés como lingua de traballo ou lingua oficial da organización.