Kareem Abdul-Jabbar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m →‎Libros escritos: best-séller, replaced: best-seller → best-séller using AWB
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 40:
}}
{{Contén texto árabe}}
'''Kareem Abdul-Jabbar''' (en {{lang-ar|كريم عبد الجبار}} ''Karīm ‘Abd al-Jabbār''), nado co nome de '''Ferdinand Lewis Alcindor, Jr.''' en [[Harlem]] ([[Nova York]]) o [[16 de abril]] de [[1947]], é un antigo xogador de [[baloncesto]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] que militou en [[Milwaukee Bucks]] e [[Los Angeles Lakers]] da [[NBA]] dende [[1969]] até [[1989]]. Era coñecido como '''Lew Alcindor''' antes de que trocase o seu nome a finais de [[1971]], varios anos despois de converterse ao [[Islam]], ao que chegou despois de ler unha autobiografía de [[Malcolm X]].<ref name="bio">[{{Cita web |url=http://www.achievement.org/autodoc/page/abd0bio-1 |título=Kareem Abdul Jabbar Biography] |data-acceso=20 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100121050135/http://www.achievement.org/autodoc/page/abd0bio-1 |dataarquivo=21 de xaneiro de 2010 |urlmorta=si }}</ref>
 
Abdul-Jabbar deixou o baloncesto á idade de 42 anos como o máximo anotador e taponador da [[NBA|historia da NBA]], ademais de posuír a marca de máis [[MVP da Tempada da NBA|MVP da Tempada]] con seis e ser o xogador que máis [[NBA All-Star Game|All-Star Game]] disputou. A súa lista de logros persoais e colectivos é talvez a máis impresionante na historia da liga: [[Rookie do ano da NBA]], campión da NBA en sete ocasións, seis como xogador cos Bucks e Lakers e unha como adestrador asistente dos Lakers, dúas veces [[MVP das Finais da NBA]], 19 veces [[All-Star Game|All-Star]] e dúas veces máximo anotador da liga, entre outros moitos. Tamén posúe 8 marcas de playoffs e 7 de All-Star.
Liña 48:
== Traxectoria deportiva ==
=== High School ===
Abdul-Jabbar naceu como Ferdinand Lewis Alcindor Jr. en [[Nova York]], dous anos despois de terminar a [[Segunda Guerra Mundial]]. Era o único fillo dunha protectora nai, Cora, e un estrito pai, Ferdinand. Ao nacer pesou case 6 quilos e medía 57 centímetros.<ref name="neno">[{{Cita web |url=http://www.aaregistry.com/african_american_history/2507/Mr_Basketball_and_much_more_Kareem_AbdulJabbar |título=Mr. Basketball and much more, Kareem Abdul-Jabbar!] |data-acceso=20 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20061027005423/http://www.aaregistry.com/african_american_history/2507/Mr_Basketball_and_much_more_Kareem_AbdulJabbar |dataarquivo=27 de outubro de 2006 |urlmorta=si }}</ref> A estatura dos seus pais non facía prever o crecemento do mozo Lew (medían 1,91 e 1,78 metros respectivamente). Con 9 anos xa medía 1,75 e aos 14 creceu até os 2,03 metros, polo que xa podía machucar a canastra.<ref name="neno" /> Creceu cunha educación católica e conseguiu os seus primeiros éxitos co seu instituto. Era de longo o mozo máis alto da súa clase en [[Harlem]], polo que era visto como un tipo raro entre os seus compañeiros de colexio. Tras dominar o baloncesto escolar de [[Nova York]] no agora defunto Power Memorial, co que conseguiu tres campionatos consecutivos, 71 vitorias seguidas e unha marca global de 96-6, anotando 2.067 puntos e capturando 2.002 rebotes (ambos os récords do [[estado de Nova York]]),<ref name="neno" /> enrolouse en [[Universidade de California|UCLA]] onde xogou para os [[UCLA Bruins|Bruins]] de [[John Wooden]].<ref name="bio" />
 
=== Universidade ===
Liña 98:
 
== Sky hook ==
Abdul-Jabbar foi moi coñecido por un lanzamento a canastra único, denominado "Sky Hook" ("gancho dende o ceo") no cal aproveitaba toda a súa estatura e envergadura para sacar o balón co brazo completamente estirado perpendicular á canastra, lanzamento que se producía practicamente de arriba a abaixo, sendo por este motivo case imposible de taponar.<ref>[{{Cita web |url=http://www.achievement.org/autodoc/photocredit/achievers/abd0-010 |título=Foto de Kareem lanzando un Sky Hook] |data-acceso=20 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160816164834/http://www.achievement.org/autodoc/photocredit/achievers/abd0-010 |dataarquivo=16 de agosto de 2016 |urlmorta=si }}</ref> En toda a súa carreira foron moi poucos os xogadores en logralo, entre os que se atopan dúas grandes lendas como [[Wilt Chamberlain]] ou [[Hakeem Olajuwon]]. Este lanzamento contribuíu de maneira decisiva a que a súa porcentaxe de lanzamentos anotados fóra do 55,9%, o noveno máis alto da historia da [[NBA]].<ref>[http://www.basketball-reference.com/leaders/fgp_career.html Career Leaders and Records for Field Goal %]</ref>
 
Aprendeu o movemento xa no colexio, no quinto grao, e segundo el mesmo dicía, era ''o único lanzamento que podía realizar sen ser golpeado na cara''.<ref>[http://lakersblog.latimes.com/lakersblog/2006/01/talking_with_ka_2.html Talking with Kareem Abdul-Jabbar]</ref> Anos máis tarde o seu compañeiro de equipo [[Magic Johnson]] comezou a imitarlle, cun lanzamento que se popularizou co nome de ''Baby Hook'' ou ''Junior Sky Hook''.
 
== Post-NBA ==
Dende a súa retirada, Abdul-Jabbar traballou en temas de entretemento, servindo como "embaixador do baloncesto", traballando en distintas facetas como adestrador e comentarista así como axudando na loita contra a fame e o analfabetismo. En [[1995]] Abdul-Jabbar foi elixido para formar parte do Naismith Memorial [[Basketball Hall of Fame]] (Salón da Fama do Baloncesto).<ref>[{{Cita web |url=http://www.hoophall.com/halloffamers/abdul-Jabbar.htm |título=Kareem's page @ the Basketball Hall of Fame Páxina de Kareem na web do Basketball Hall of Fame] |data-acceso=20 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20060720084906/http://www.hoophall.com/halloffamers/Abdul-Jabbar.htm |dataarquivo=20 de xullo de 2006 |urlmorta=si }}</ref>
 
A pesar do interese por adestrar de Abdul-Jabbar dende a súa retirada e dada a fama e influencia que conseguira ao longo da súa carreira, parecía que lle choverían as ofertas. Con todo, tamén se gañou a reputación de introvertido e hosco, rexeitando en ocasións facer declaracións á prensa. Esta actitude, como recoñece o mesmo Abdul-Jabbar, pode ser a causa da falta de oportunidades que se lle presentaron até o momento, actuando só como observador, pequenas tarefas como asistente e adestrador en ligas menores. Traballou con [[Los Angeles Clippers]] e [[Seattle SuperSonics]] como asistente para axudar no desenvolvemento dos pivotes Michael Olowokandi e Jerome James. En [[2002]] levou ao campionato da [[USBL]] a [[Oklahoma Storm]], pero ao seguinte ano non conseguiu o posto de adestrador da Universidade de Columbia ao que optaba. Tras este errado intento traballou como observador para os [[New York Knicks|Knicks]] e o [[2 de setembro]] de [[2005]] volveu aos Lakers para traballar xunto a [[Phil Jackson]] no desenvolvemento do pivote Andrew Bynum. O [[10 de novembro]] de [[2009]], Abdul-Jabbar anunciou padecer unha forma rara de leucemia, atopándose baixo tratamento para superar a enfermidade.<ref>[http://www.nba.com/2009/news/11/10/jabbar.leukemia.ap/index.html Abdul-Jabbar being treated for leukemia, remains optimistic]</ref>
Liña 171:
* [http://www.nba.com/historical/playerfile/index.html?player=Kareem_Abdul-Jabbar Perfil de Abdul-Jabbar en nba.com]
* [http://www.basketball-reference.com/players/a/abdulka01.html Estatísticas de Kareem Abdul-Jabbar]
* [https://web.archive.org/web/20060720084906/http://www.hoophall.com/halloffamers/Abdul-Jabbar.htm Perfil de Kareem Abdul Jabbar na web do Basketball Hall of Fame]
* [http://twitter.com/Kaj33 Twitter persoal de Kareem Abdul-Jabbar]
* [http://www.youtube.com/watch?v=vQwWhIjtOUU&feature=fvw Vídeo resumo da carreira de Abdul-Jabbar, con algunha imaxe da súa filmografía]