Abrir o menú principal

Cambios

Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
A partir de [[1980]] foi vicerreitor do Seminario de Astorga, ata o ano [[1992]], cando foi nomeado bispo auxiliar de Santiago de Compostela. Colaborou con seu predecesor, o arcebispo [[Antonio María Rouco Varela]], ata que este foi trasladado a [[Madrid]]. Foi nomeado Administrador Diocesano de Santiago de Compostela ata o [[25 de outubro]] de [[1994]] e posteriormente (o [[5 de xaneiro]] de [[1996]]) foi nomeado arcebispo de Compostela por bula do papa [[Xoán Paulo II, papa|Xoán Paulo II]].
 
Dende que asumiu o arcebispado caracterizouse pola súa actitude conservadora e firme nas súas conviccións, continuando coa política do seu antecesor. Defendeu publicamente o [[catolicismo]] como "sinal de identidade do pobo español" e opúxose á aprobación legal en [[España]] do [[matrimonio homosexual]], afirmando que "o matrimonio é esencialmente heterosexual e base ineludíbel da familia, cuxa quebra supón a quebra da sociedade<ref>[http://elpais.com/diario/2004/07/26/espana/1090792812_850215.html/ "El arzobispo de Santiago ataca ante el Rey el matrimonio homosexual"]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }} ''[[El País]]'', 26 de xullo de 2004</ref>. Durante o seu arcebispado celebráronse tres [[Ano Xacobeo|Anos Santos]], o terceiro deles coa visita do papa [[Bieito XVI, papa|Bieito XVI]] a [[Santiago de Compostela]].
 
Nomeado presidente da Comisión de Apostolado Segrar da [[Conferencia Episcopal Española]] en [[2008]]<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=11&idNoticia=273316 "El arzobispo de Santiago, reelegido en su cargo en la Conferencia Episcopal]", ''[[El Correo Gallego]]'', 6 de marzo de 2008.</ref>, en [[2011]] entrou a formar parte do comité executivo da Conferencia Episcopal Española<ref>[http://www.elcorreogallego.es/panorama/ecg/monsenor-barrio-entra-cupula-iglesia/idEdicion-2011-03-02/idNoticia-645181/ "Monseñor Barrio entra en la cúpula de la Iglesia"], ''[[El Correo Gallego]]'', 2 de marzo de 2011.</ref>
98.430

edicións