Xosé Manuel Cabada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 34:
 
== Traxectoria ==
De familia labrega, foi fillo de Manuel Cabada Prieto, natural de [[Marcenlos, Codeseda, A Estrada|Marcenlos]], e María Josefa Vázquez, de Barro. Xosé Manuel foi o segundo de tres irmáns. En [[1918]] entrou no [[Seminario de Santiago de Compostela]] ao mesmo tempo que estudaba Maxisterio e Filosofía e Letras na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Entrou en contacto co [[Galeguismo (política)|galeguismo]] e asistiu á V Asemblea das [[Irmandades da Fala]] ([[1923]]). En decembro de 1925 morreu a súa irmán Emilia. En [[1931]] saíu da Imprenta, Lib. e Enc. do Seminario C. o seu poemario ''[[:s:Vagalumes|Vagalumes]]'' ilustrado por [[Camilo Díaz Baliño]]. Tamén en 1931 ingresou no [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. Ese mesmo ano obtivo o título de licenciado en Filosofía e Letras en xuño, abandonou definitivamente a carreira eclesiástica e ingresou, a comezos de outubro, como profesor no Colexio xesuíta Apóstolo Santiago de [[Teis, Vigo]], onde coincidiu con [[Xesús Ferro Couselo]]. Asinou o 25 de outubro de 1931 o manifesto ''Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas''.
 
Colaborou en ''[[El Emigrado]]'', ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', ''[[Vida Gallega]]'' e ''[[Nós (revista)|Nós]]'' onde publicou varios poemas: "Na fala gallega", "O botafumeiro", "San Francisco pregando ós paxariños", "Festa en San-Iago"…<ref name="EGU"/>