John Boyd Dunlop: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 6:
 
=== Pneumáticos ===
En [[1887]], desenvolveu o primeiro [[pneumático]] con cámara de aire para o triciclo que o seu fillo de nove anos de idade usaba para ir á escola polas rúas bacheadas de [[Belfast]]. Para resolver o problema do traqueteo do triciclo, Dunlop inflou uns tubos de goma cunha [[bomba de aire]] para inflar [[balón]]s. Despois envolveu os tubos de goma cunha lona para protexelos e pegounos sobre as lamias das rodas do triciclo. Ata entón, a maioría das rodas tiñan lamias con goma maciza, pero os pneumáticos permitían unha marcha notablemente máis suave. Desenvolveu a idea e [[patente|patentou]] o pneumático con cámara o [[7 de decembro]] de [[1888]]. Con todo, dous anos despois de que lle concedesen a patente, Dunlop foi informado oficialmente de que a patente foi invalidada polo inventor escocés [[Robert William Thomson]], quen patentara a idea en [[Francia]] en [[1846]] e en [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en 1847.<ref>[http://www.mearns.org.uk/stonehaven/thomson.htm Biografía de Robert William Thomson] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070929200017/http://www.mearns.org.uk/stonehaven/thomson.htm |date=29 de setembro de 2007 }} (en inglés).</ref> Dunlop gañou unha batalla legal contra Robert William Thomson e validou a súa patente.
 
Dunlop fundou a compañía Dunlop Tyres que máis tarde sería coñecida como Dunlop Rubber Company. A produción comercial empezou a finais de [[1890]] en Belfast. Dunlop vendeu a súa patente e o nome da súa compañía a [[William Harvey Du Cros]], que xa era propietario da Pneumatic Tire and Booth's Cycle Agency, a cambio de 1500 [[Acción (finanzas)|accións]] da compañía resultante e finalmente non fixo moita fortuna pola súa invención. Dunlop retirouse a [[Dublín]], onde morreu o [[12 de outubro]] de [[1921]], e foi enterrado no cemiterio de Deansgrange, un suburbio ao sur de [[Dublín]].