Isabel I de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Categorización
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 109:
No seu testamento a raíña estipulou que, aínda que a herdeira do trono era a súa filla [[Xoana I de Castela|Xoana]], o rei [[Fernando o Católico|Fernando]] administraría e gobernaría Castela no seu nome polo menos ata que o [[Carlos I de España|infante Carlos]], primoxénito de Xoana, cumprise vinte anos.<ref name="Sz">{{Cita publicación periódica |apelidos=SZÁSZDI LEÓN-BORJA |nome=István |ano=2005 |título=Ysabel y la excelente señora en 1504: ¿Razón de estado o usurpación a un trono? Un nuevo documento |publicación=Estudios de historia de España |volume=VII |número= |páxinas=147-168 |lugar=Buenos Aires |editorial=Universidad Católica Argentina |issn=0328-0284 |url=http://bibliotecadigital.uca.edu.ar/repositorio/revistas/estudios-historia-espana7.pdf |dataacceso=1 de agosto de 2014}}</ref> Logo dos fillos de Xoana a liña sucesoria pasaría a [[María de Aragón (1482-1517)|María]], a filla menor de Isabel, e só despois a [[Catarina de Aragón|Catarina]].
 
Porén a nobreza castelá non apoiou a Fernando e este optou por retirarse a Aragón. O goberno de Castela quedou entón para o rei [[Filipe I de Castela|Filipe I]], esposo de Xoana, pero aos poucos meses morreu repentinamente e iso levou a que Fernando fose nomeado de novo rexente.<ref>[http://www.artehistoria.jcyl.es/v2/personajes/5327.htm Reyes Católicos. Isabel y Fernando] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20130620204628/http://www.artehistoria.jcyl.es/v2/personajes/5327.htm |date=20 de xuño de 2013 }} en ArteHistoria.com</ref> Xoana foi encerrada en [[Tordesillas]] polo seu pai, que gobernou Castela ata a súa morte en [[1516]]. Sucedeulle Carlos, fillo de Xoana e neto de Isabel e Fernando.
 
Por outra banda no seu testamento Isabel pediulles aos seus sucesores que se esforzasen en conquistar para o cristianismo o Norte de África continuando a [[reconquista]] peninsular <ref name="Testamento de Isabel">{{Cita publicación periódica|apelido=Suárez Fernández|nome=Luis|título=Análisis del testamento de Isabel la Católica|publicación=Cuadernos de Historia Moderna|ano=1992|número=13|páxinas=81-89|url=http://revistas.ucm.es/index.php/CHMO/article/download/CHMO9292110081A/23928}}</ref> e que se convertese ao cristianismo aos habitantes de América («as yslas e Terra Firme do Mar Oçéano») e tratáseselles xustamente.<ref name="Sz"/>