Irlanda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 67:
'''Irlanda''' estivo cuberta por xeo e unida a Gran Bretaña e Europa durante a derradeira [[glaciación]]. Estivo deshabitada até aproximadamente 9.000 anos. Os habitantes da Idade de Pedra chegaron algo despois do 8000 a.d.C, e a cultura progresou dende o mesolítico ó alto neolítico no curso de tres ou catro milenios aproximadamente. Coa Idade de Bronce, que comezou ó redor do 2500 a.C., trouxo a produción de elaboradas ferramentas e ornamentos de bronce e ouro. A Idade de Ferro en Irlanda está asociada ós celtas. Pénsase que colonizaron a illa nunha serie de vagas entre os séculos VIII e I a.C., e que coa derradeira vaga de celtas, foi conquistada a illa e dividida en cinco ou máis reinos. Os romanos chamaban a Irlanda [[Hibernia]].<ref>[http://www.irishclans.com/articles/romansinireland.html Os Romanos e Irlanda] www.irishclans.com</ref> [[Tolomeo]] no ano 100 fai un estudo da xeografia e as tribos de Irlanda.<ref>[http://www.roman-britain.org/ptolemy.htm A Xeografía de Tolomeo] www.roman-britain.org</ref>. A relación exacta entre Roma e as tribos de Hibernia non está hoxe clara, xa que as únicas referencias atopámolas nuns poucos escritos romanos.
 
Os historiadores manteñen que no 432, [[San Patricio]] chegou á illa e, nos anos vindeiros, tratou de converter a Irlanda ó [[Cristianismo]].<ref>[httphttps://web.archive.org/web/20040514031610/http://www.bbc.co.uk/religion/religions/christianity/features/stpatrick/index.shtml BBC Online - Christianity - Features - St Patrick] www.bbc.co.uk/religion</ref> As tradicións druídicas desapareceron ante a forza das novas crenzas. As artes da ilustración dos manuscritos, o traballo do metal e a escultura floreceron e produciron tesouros como o [[Libro de Kells]], xoiería, e as traballadas cruces de pedra que cobren a illa. Isto foi interrompido no século IX por 200 anos de guerra contra os piratas viquingos que saqueaban mosteiros e vilas. Eventualmente conseguían establecerse en Irlanda, formando vilas como as actuais cidades de [[Dublín]], [[Cork]], [[Limerick]] e [[Waterford]].
 
En [[1172]], o rei [[Henrique II de Inglaterra]] conseguiu as terras irlandesas co visto e prace do papa inglés [[Adrián IV]], e sobre o século XIII, a lexislación inglesa comezou a ser aplicada á illa. O dominio inglés estivo durante moito tempo limitado á área ó redor de [[Dublín]] e [[Waterford]], pero comezou a expandirse no século XVI co colapso final da superestrutura social e política gaélica; e no século XVII os Tudor reconquistaron Irlanda e comezou a colonización protestante das terras de Irlanda, sendo nesta época cando o dominio inglés se estende por toda a illa. Trala rebelión irlandesa de 1641, ós católicos irlandeses negóuselles o voto e a presenza no [[Parlamento de Irlanda]]. O dominio da nova clase inglesa protestante foi coñecido como o ''ascendente protestante''.
Liña 237:
== Deportes ==
{{VT|Irlanda nos Xogos Olímpicos}}
O [[fútbol gaélico]] e o [[hurling]] son os deportes máis populares en Irlanda.<ref>[http://www.irlgov.ie/aboutireland/eng/cultureandsport.asp Irish Government Website Culture and Sport Information] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070927210529/http://www.irlgov.ie/aboutireland/eng/cultureandsport.asp |date=27 de setembro de 2007 }} http://www.irlgov.ie</ref> Estes dous, xunto co [[Camogie]], o [[fútbol gaélico feminino]], o [[pelota-man gaélico|pelota-man]] e o [[cuairtean]], conforman os deportes nacionais de Irlanda, coñecidos colectivamente como [[xogos gaélicos]]. Tódolos xogos gaélicos están dirixidos pola [[Gaelic Athletic Association]] (GAA), coa excepción do fútbol gaélico feminino, que está rexido por outra organización. A GAA organízase en base a toda Irlanda con tódolos 32 condados podendo competir; tradicionalmente, os condados primeiro compiten na súa [[Provincias de Irlanda|provincia]], nos campionatos provinciais, e entón os gañadores compiten nun campionato de hurling ou de fútbol a nivel de toda a illa. As oficinas da GAA están localizadas no estadio con capacidade para 82.500<ref>{{Cita web|url=http://www.gaa.ie/page/croke_park.html|título=CROKE PARK REDEVELOPMENT|dataacceso=2007-01-12}}</ref> espectadores en [[Croke Park]] no norte de Dublín. Os principais xogos da GAA dispútanse alí, incluíndo as semifinais e finais dos campionatos de toda a illa. Durante o desenvolvemento do estadio de [[Lansdowne Road]], a competición internacional de rugby foi xogada alí, cun grande éxito. Tódolos xogadores da GAA, incluso os dos niveis máis altos, son afeccionados e non reciben pagas.
O [[rugby]] tamén é un dos predilectos da república, cuxa selección nacional conseguiu destacar en torneos como no prestixioso [[Torneo das Seis Nacións]].