Illas Senkaku: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Faro (construción)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 7:
Xapón, logo de abolir e anexionarse en 1879 o [[Reino de Ryukyu]] (actaumente [[prefectura]] de [[Okinawa]]), exerceu máis influencia sobre os territorios con que limitada. De feito, despois da vitoria sobre a China na [[Primeira guerra sino-xaponesa|I Guerra Sino-Xaponesa]] nos anos 1894 e 1895, tomou posesión dos territorios da [[illa de Taiwán]] e dos seus arquipélagos adxacentes.
 
En 1895, Xapón tomou o control das illas Senkaku/Diaoyu alegando o principio do dereito internacional de ''[[terra nullius]]''. Baixo a [[administración]] [[Xapón|nipoa]], desde 1895 a 1940, houbo alí unha [[fábrica]] de ''katsuobushi'' ([[bonito]] secado) e establecéronse preto de 200 residentes xaponeses nas illas. Co fin da [[Segunda Guerra Mundial|II Guerra Mundial,]] as illas pasaron a estar baixo o control dos países aliados, nun tempo en que a China sostiña unha [[guerra civil]]. Os [[Estados Unidos]] administraron as illas e a súa [[Armada dos Estados Unidos de América|Armada]] usou Kuba-jima e Taisho-jima como zonas de manobra militar. En 1971 descubriron a posibilidade de reservas de gas e petróleo e, a continuación, China e Taiwán comezaron a reivindicar o dominio do arquipélago. En 1972 o arquipélago de [[Okinawa]] foi devolto a Xapón e, nese marco, os Estados Unidos cederon tamén a Xapón a administración das illas Senkaku/Diaoyu.<ref>Finney, John W. [http://select.nytimes.com/gst/abstract.html?res=F20714FB3D591A7493C3A8178AD95F458785F9&scp=44&sq=1972+okinawa&st=p ''Senate Endorses Okinawa Treaty; Votes 84 to 6 for Island's Return to Japan''], ''New York Times'' (11 de novembro de 1971). [http://opencrs.com/document/96-798/ ''Congressional Research Service Report 96-798''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20121123192505/https://opencrs.com/document/96-798/ |date=23 de novembro de 2012 }}. [En inglés]</ref>
 
En 1978, un grupo [[Nacionalismo|nacionalista]] xaponés construíu un [[Faro (construción)|faro]] en Uotsuri Jima, que o goberno nipón tomou baixo o seu control en 2005. Esta construción foi moi contestada polos gobernos de Taiwan e da China.