Ido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Revisión lingüística e estilística xeral.
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 34:
 
[[Ficheiro:Ido Kongreso en Dessau 1922.jpg|miniatura|300px|Fotografía do Congreso Internacional de Ido en [[Dessau]], [[Alemaña]] en [[1922]].]]
Os primeiros promotores do esperanto resistíronse ás reformas e o propio inventor, [[L.L. Zamenhof]], non as aceptou. Ironicamente, algunhas reformas adoptadas polo ido foran así mesmo propostas varias veces por Zamenhof, aínda que só propuxo varias reformas para contentar a varios esperantistas que o pediron. En [[1894]], propuxo eliminar as letras acentuadas por seren "unha barreira na difusión da lingua", eliminar tamén o [[caso acusativo]], cambiar o plural -oj ao italiano -i, e prescindir da concordancia adxectivo-substantivo por considerala un "lastre superfluo".<ref>[{{Cita web |url=http://www.geocities.com/paris/rue/8009/idolinguo/054_074.html |título={title} |data-acceso=11 de decembro de 2006 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20061211163715/http://www.geocities.com/paris/rue/8009/idolinguo/054_074.html] |dataarquivo=11 de decembro de 2006 |urlmorta=non }}</ref> O hábito de manter inamovibles as regras básicas do esperanto aínda permanece grazas ao fundamento de que o esperanto sobreviviu ás guerras mundiais, aos conflitos internos do movemento e a calquera intento de o debilitar. Couturat, que foi o principal impulsor do ido, morreu nun accidente de coche en [[1914]], o cal, xunto á [[Primeira Guerra Mundial]] supuxo un serio revés ao movemento. A pesar de que este se recuperou en certo xeito durante o período de entre-guerras todo o movemento para a instauración dunha lingua internacional sufriu un proceso de fragmentación tras a morte de Couturat. A publicación doutra lingua máis europeizada, o [[interlingue|occidental ou interlingue]], en 1922 supuxo o inicio dun proceso de atomización da comunidade e o ido perdeu a maior parte das súas publicacións periódicas. A ''deserción'' dun dos seus principais promotores, o lingüista danés [[Otto Jespersen]], en 1928 con ocasión da publicación da súa propia linguaxe (o [[novial]]), pareceu sentenciar o ido. Despois das guerras mundiais, aos poucos levantouse o movemento idista, pero este comezou a perder membros e case todas as sociedades nacionais desapareceron, incluíndo a Academia de Ido. Actualmente existe un puñado de sociedades que son máis virtuais que reais, aínda que é digna de destacar a sociedade idista de Berlín, o único club idista existente. Este club edita unha revista bilingüe alemán-ido e participa activamente na feira de idiomas de Berlín.
 
Algúns observadores achacaron o declive do ido ao seu carácter híbrido (parte proxecto de reforma do Esperanto, parte [[Hipótese de Sapir-Whorf|estándar común europeo]]). Segundo isto, no mesmo instante en que o ido non puido suplantar o esperanto e que non foi adoptado pola comunidade esperantista, moitos viron a convivencia entre ambas as linguas como un peso innecesario e dirixíronse cara a outros proxectos. Moitos tamén preferiron retornar á comunidade esperantista, moito máis numerosa.
Liña 45:
Neste período a supervivencia do idioma sostívose con recursos financeiros acumulados durante o seu período dourado (por exemplo, o químico [[Wilhelm Ostwald]] doou o gañado polo seu [[Premio Nobel]] de [[1909]] a unha fundación idista).
 
Jespersen, que estivo presente durante os dez días que duraron as deliberacións do comité en París e que logo formou parte da comisión permanente, escribiu unha historia do ido.<ref>Jespersen, Otto. ''History of our Language (Ido)'' de 1912 [httphttps://web.archive.org/web/19990116231741/http://www.geocities.com/athens/forum/5037/hist.html]. [httphttps://web.archive.org/web/19990117055716/http://www.geocities.com/athens/forum/5037/ojhist.html Traducido do orixinal en ido]</ref>
 
Moitos promotores do esperanto atacaron o ido durante anos. Un deles, Don Harlow (ver [[:eo:Don HARLOW|Don Harlow]] na Wikipedia en esperanto), escribiu unha historia do ido, concretamente no terceiro capítulo do seu ''O libro do esperanto'', "Como construír unha linguaxe".<ref>Harlow, Don. ''How to Build a Language'', capítulo 3.</ref> Algúns criticaron a validez da súa historia, ao que el respondeu nun capítulo, "Ido: Os inicios". Sexa como sexa, os partidarios do ido argumentan que a historia de Harlow non conta co testemuño de todas as partes, como fixo Jespersen. No entanto, está baseada en material doutros testemuños como [[Émile Boirac]] e [[Gaston Moch]] e con fontes documentais ás cales Jespersen non puido ter acceso (como a correspondencia de Zamenhof con Couturat e outros durante ese período).
Liña 81:
{{InterWiki|code=io}}
=== Ligazóns externas ===
* [httphttps://web.archive.org/web/20070301045954/http://es.geocities.com/kanaria1973/galicia.html Descrición xeral]
* [http://www.idolinguo.blogspot.com Dicionario Ido-portugués]