Galileo Galilei: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 92:
O modelo xeocéntrico foi aceptado de xeito xeral co tempo non só por razóns das escrituras. De feito, naquel tempo, a Igrexa católica abandonou o modelo Tolemaico polo de [[Tycho Brahe]], no que a Terra era o centro do [[Universo]], o [[Sol]] xiraba arredor da Terra e os outros planetas, arredor do Sol. Este modelo era, na súa xeometría, equivalente o modelo copernicano, e tiña a vantaxe extra de predicir a [[paralaxe]] das estrelas, un efecto que sabemos agora era imposible detectar cos instrumentos daquel tempo.
 
A comprensión da controversia, aínda se iso é posible, require a atención non só da organización política e relixiosa e aínda da academia filosófica. Antes de que Galileo tivera o seu enfrontamento cos Xesuítas e antes de que o dominico Gaccini o denunciara no púlpito, veuse acusado de contradicir as Escrituras por un profesor de filosofía, [[Cosimo Boscaglia]], que non era nin teólogo nin cura. O primeiro en defendelo foi un abade beneditino, [[Benedetto Castelli]], que era tamén profesor de matemáticas e antigo discípulo de Galileo. Foi este o que levou a Galileo a escribir a ''[[Carta á Grande Duquesa Cristina]]''. (Castelli permaneceu amigo de Galileo, visitándoo en Arcetri preto do final da súa vida, despois de meses de esforzo para ter permiso da [[Inquisición]] para facelo.)
 
Porén, o poder real era o da Igrexa, e os argumentos de Galileo foron atacados de xeito máis duro a nivel [[relixión|relixioso]]. O historiador de fins do [[século XIX]] e comezos do [[Século XX|XX]] [[Andrew Dickson White]] escribiu dende unha perspectiva anticlerical:
Liña 105:
</BLOCKQUOTE>
 
No [[1616]], a [[Inquisición]] prohibiu a Galileo manter ou defender a hipótese afirmada no traballo de Copérnico ''De Revolutionibus'', conxuntamente coa admonición de ''non ensinar de ningún xeito'' a teoría heliocéntrica. Cando Galileo foi arrestado no [[1633]], a Inquisición procedeu baixo a premisa que lle tiña ordenado non ensinar en absoluto, baseado nun documento de 1616; pero Galileo produciu unha carta do Cardeal Bellarmino que amosaba só a orde sobre "manter ou defender". O anterior saíu da propia man de Bellarmino e de autenticidade incuestionable; é unha copia non asinada, violando a propia regra da Inquisición que lembra que tal admonición debera ser asinada por todas as partes e notarializada. Deixando a unha beira as partes técnicas da evidencia, que podemos concluír dos eventos reais? Hai dúas escolas de pensamento. De acordo con [[Stillman Drake]], a orde de non poder ensinar foi liberada de xeito non oficial e impropio; Bellarmine non querería subministrar unha lembranza formal e asegurarse que Galileo, no escrito, entendera que a orde efectiva era só non "defender ou manter". De acordo con Giorgio di Santillana, porén, o papel non asinado era sinxelamente unha fabricación da Inquisición.
 
A pesar da súa insistencia continuada sobre que o seu traballo na área era puramente teórico, a pesar do seu estrito cumprimento do protocolo eclesiástico para a publicación de traballos (que requiría exame previo polos censores eclesiásticos e permiso), e a pesar de súa estreita amizade con Maffeo Barberini, que chegaría a ser o [[Urbano VIII, papa|Papa Urbano VIII]], Galileo foi forzado a retractarse repetidamente, e foi posto baixo arresto domiciliario de [[1633]] a [[1642]].
Liña 111:
A [[Inquisición]] rexeitou anteriores súplicas de Galileo para pospor ou variar o lugar do xuízo, a causa da súa saúde. Nunha reunión presidida polo Papa Urbano VIII, a Inquisición decidiu notificar a Galileo que ou ía a [[Roma]] ou sería arrestado e preso encadeado. Galileo chegou a Roma o [[13 de febreiro]] de [[1633]]. Despois de dúas semanas en corentena, foi detido na confortable residencia do embaixador toscano, como favor debido á influencia do Gran Duque [[Fernando II de Medici]]. En abril de [[1633]], foi interrogado formalmente pola Inquisición. Non foi metido en prisión, senón detido nunha habitación nas oficinas da Inquisición durante 22 días.
 
O [[22 de xuño]] de [[1633]], a Inquisición Romana comezou o seu xuízo contra Galileo, que contaba daquela 69 anos e pediu graza debido ó seu "estado de malestar físico". Ameazándoo con [[tortura]], prisión e morte na fogueira, Galileo foi forzado a "abxurar e renegar" do seu traballo e prometer denunciar a outros que mantiveran os seus puntos de vista anteriores. Galileo cumpriu o que a igrexa quería del. Que as ameazas da Igrexa eran reais fora probado pola igrexa contra [[Giordano Bruno]], quen foi queimado na fogueira no [[1600]] por manter un punto de vista naturalista sobre o Universo.
 
Di a lenda que Galileo, tras a súa abxuración, dixo: "Eppur si muove!" (Porén, móvese!) o que posiblemente non é certo; ó dicir algo así, os oficiais da Inquisición terían obrado en consecuencia e a súa sorte tería sido diferente. A crenza, amplamente estendida, de que é algo inventado no s. XVIII é falsa. Unha pintura española, datada no 1643 ou 1645, amosa Galileo escribindo a frase no muro do seu alxube. Temos así unha segunda versión da historia, que tampouco pode ser certa, porque Galileo non estivo nunca prisioneiro nun alxube; pero a pintura amosa que algunha historia de "Eppur si muove" estaba xa circulando en tempos de Galileo. Nos meses inmediatamente posteriores tras a súa condena, Galileo residiu co Arcebispo Ascanio Piccolomini en [[Siena]], que tiña un irmán militar destinado en [[Madrid]], onde a pintura se realizou algúns anos despois. O anterior suxire que a historia foi difundida familiarmente antes de ter pasado á tradición oral.
Liña 118:
a causa dunha [[hernia]], recibiu permiso para consultar médicos en Florencia, o que lle fora denegado por Roma. Baixo arresto, foi forzado a recitar salmos penitenciarios de xeito regular, e os seus contactos sociais quedaron altamente restrinxidos, pero permitíuselle continuar nas súas investigacións menos controvertidas.
 
O publicar era outra cousa. O seu ''Dialogue'' fora posto no ''[[Index Librorum Prohibitorum]]'', a lista oficial de libros prohibidos, na que permaneceu ata [[1822]] (Hellman, 1998). A pesar de que a sentenza contra Galileo non mencionaba outros traballos, Galileo atopouse coa prohibición de publicar calquera cousa saída da súa pluma. A prohibición foi efectiva en [[Francia]], [[Polonia]] e os Estados Alemáns, pero non en [[Países Baixos|Holanda]].
 
Quedou totalmente [[cegueira|cego]] no [[1638]] (a súa petición de liberdade foi rexeitada, pero permitíuselle mover á súa casa de Florencia, na que estaba máis próximo ós médicos).