Diferenzas entre revisións de «Historia de Istambul»

Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
Para a cidade en si, cuadriplicou a súa superficie cara ao oeste e pechouna con novas murallas.<ref>[http://www.unc.edu/awmc/downloads/connorConstLblMed.jpg Mapa da Constantinopla bizantina]</ref> A extensión comezaba nunha esquina do foro co chamado Milion, marco de comezo de tódalas rutas do imperio. De aí arrincaba a vía principal da cidade, Mese, que no seu percorrido porticado ata as murallas ía atopando varios foros<ref>[http://www.kosovo.net/news/archive/2004/October_08/files/1097250162_s1qdaq78jk7_const6c.jpg Constantinopla]</ref>: primeiro, o circular Foro de Constantino<ref>[http://www.byzantium1200.com/forum-c.html Reconstrución virtual do Foro de Constantino]</ref>; despois o Foro Tauri o de Teodosio<ref>[http://www.byzantium1200.com/forum-t.html Reconstrución virtual do Foro de Teodosio]</ref>, o Foro dos Bois abaixo, no val do Licos, e finalmente o Foro de Arcadio. Tralo foro de Teodosio a Mese duplicábase cun ramal cara ao noroeste, onde mandou construír a fundacional (do tipo central en cruz grega con cinco cúpulas<ref>[http://www.sacred-destinations.com/turkey/images/istanbul/church-of-holy-apostles-illumination.jpg Miniatura bizantina representando a Igrexa dos Santos Apóstolos]</ref>) igrexa dos Santos Apóstolos sobre do que era un templo pagán. Alí foi enterrado cando morreu. O conxunto urbano inda estaba en construción e foron os seus sucesores os que o foron completando . A cidade recibiu entón o nome de '''[[Constantinopla]]''' (Constantinópolis).
 
Para comezos do [[século V]], Constantinopla rebordara os seus muros, polo que baixo [[Teodosio II]] emprendeuse a construción dun novo cinto murario exterior ([[408]]-[[413|13]]). Eran 5.630 metros de soberbia fortificación entre o [[Mar de Mármara]] e o suburbio de Blanquernas no Corno de Ouro (onde se fixo unha pequena ampliación un século despois) para acoller unha crecente poboación (300.000 habitantes). A entrada cerimonial da cidade era a do sur, a magnífica Porta Áurea<ref>[{{Cita web |url=http://www.messala.de/landmauer-konstantinopel.htm |título=Artigo sobre as murallas de Constantinopla en lingua alemá] |data-acceso=01 de decembro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080315095416/http://www.messala.de/landmauer-konstantinopel.htm |dataarquivo=15 de marzo de 2008 |urlmorta=si }}</ref>. Ademais estaban os 16&nbsp;km de muralla do mar. Resistiu os ataques bárbaros e islámicos e a cidade foi inexpugnable ata [[1204]].
 
== Xustiniano ==
114.322

edicións