Galiña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Galería de imaxes: quito ligazón rota a ficheiro
Recuperando 6 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 31:
Os galos e as galiñas mostran un evidente [[dimorfismo sexual]],<ref>[http://www.criadoresdelgallodeleon.com/estudio.htm O galo Bankiva manifesta plenamente o dimorfismo sexual. Consultado o 24 de xaneiro de 2009.]</ref> e poden distinguirse ambos a primeira vista. Os machos son máis grandes, miden aproximadamente 50&nbsp;[[centímetro|cm]] de altura e chegan a pesar até 4&nbsp;[[kg]]. Posúen unha gran crista avermellada na cabeza, a cal se interpreta como símbolo de [[dominancia (etoloxía)|dominancia]]. A cola está composta por plumas escuras grandes e arqueadas que brillan de cor azul, púrpura ou verde baixo a luz. A ambos os dous lados da súa cabeza aparecen dúas manchas brancas, que o distinguen doutras especies próximas, ademais das patas agrisadas. Nalgunhas razas as patas están provistas tamén de [[esporón (ave)|esporóns]].
 
As galiñas son máis pequenas. Non adoitan medir máis de 40&nbsp;cm de altura e apenas chegan a 2&nbsp;[[kg]] de peso.<ref>[{{Cita web |url=http://uy.keegy.com/tag/kg/27/ |título=A galiña doméstica non adoita medir máis de 50&nbsp;cm de altura e apenas chega a 1&nbsp;kg de peso. Consultado o 24 de xaneiro do 2009.] |data-acceso=01 de outubro de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090409072430/http://uy.keegy.com/tag/kg/27/ |dataarquivo=09 de abril de 2009 |urlmorta=si }}</ref> Posúen unhas cores notablemente menos rechamantes que os galos. Os seus apéndices carnosos da cabeza son tamén moito menos prominentes.
 
Na estación de [[muda (bioloxía)|muda]] (de xuño a outubro), os machos adquiren unha [[plumaxe]] composto por plumas longas e negras cara á metade do dorso, e o resto do corpo está cuberto de plumas alaranxadas. Nas femias non é apreciable ningún cambio, aínda que igualmente mudan de plumas.
Liña 38:
[[Ficheiro:Gallito blanco 4meses.JPG|miniatura|200px|Un galo branco de 4 meses de idade.]]
 
Son aves naturalmente [[Gregarismo|gregarias]], que perderon gran parte da facultade do voo debido á selección artificial do ser humano.<ref>[{{Cita web |url=http://www.granjasdeesclavos.com/gallinas/como-son |título=Son aves naturalmente gregarias. Consultado o 25 de xaneiro do 2009.] |data-acceso=01 de outubro de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20151024031756/http://www.granjasdeesclavos.com/gallinas/como-son |dataarquivo=24 de outubro de 2015 |urlmorta=si }}</ref> O galo vermello salvaxe voa ben, cara a un lugar máis elevado, para pórse a salvo ou para fuxir de posibles depredadores, aínda que tamén se lle pode ver voando a ramas altas de árbores para descansar. Aínda que os exemplares domésticos case nunca fan uso da súa facultade de voo, as galiñas domésticas criadas en semi-liberdade voan a sitios elevados para pasar a noite. Os galos domésticos poden chegar a ser territoriais e violentos nalgunhas razas, aínda que normalmente son bos animais de compañía, fáciles de domesticar mediante alimentación a man.
 
Posúen un sistema social característico cunha [[xerarquía|orde xerárquica]] que comeza a desenvolverse á semana de vida, e que ás sete semanas xa está completamente establecida. Hai un macho [[dominancia (etoloxía)|dominante]], que domina sobre todos os demais, e un macho sometido a todos. As galiñas teñen unha orde xerárquica independente e non entran na dominancia dos machos.
Liña 44:
A acción física de dominancia consiste na elevación da cola e a cabeza. A submisión móstrase de forma oposta, baixando a cabeza e a cola, agachándose e inclinando a cabeza cara a un lado. As galiñas séntense a salvo baixo a dominancia dun galo, e só se defenderán se se atopan afastadas do galo dominante. Se morre o galo dominante, o seguinte na orde xerárquica toma o cargo inmediatamente.
 
Na cría extensiva estes animais teñen [[canibalismo (zooloxía)|hábitos caníbales]]; se ven a cor vermella debido a unha ferida noutra galiña, as demais non deixan de picala, e cáusanlle graves danos.<ref>[http://coin.fao.org/cms/media/1/12907183976790/cb-4.pdf/draeI/ 15/10/2011]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref>
 
=== Alimentación ===
Liña 52:
[[Ficheiro:Rooster crowing small.ogv|miniatura|Galo cantando.]]
 
O galo produce un son chamado ''canto'' (descrito mediante a [[onomatopea]] "quiquiriquí" ou "cacaracá"<ref>{{DRAG|quiquiriquí}}</ref>), sempre que non estea [[castración|castrado]] ([[capón]]). O galo canta durante todo o día, aínda que concentra os seus cantos en certos períodos do día, como son o amencer, para o que está programado xeneticamente,<ref>[http://www.elpais.com.uy/suplemento/ds/los-genes-y-no-la-luz-hacen-cantar-a-los-gallos-al-amanecer/sds_704639_130324.html «Os xenes, e non a luz, fan cantar aos galos ao amencer».] ''[[El País]]''</ref> o mediodía, a media tarde e a metade da noite, entre as tres e as cinco da mañá.<ref>[{{Cita web |url=http://e-nimals.com/curiosidades/el-canto-y-el-cacareo-del-gallo/ |título=Consultado o 25 de xaneiro do 2009.] |data-acceso=01 de outubro de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090408031653/http://e-nimals.com/curiosidades/el-canto-y-el-cacareo-del-gallo/ |dataarquivo=08 de abril de 2009 |urlmorta=si }}</ref> Estes cantos e os esporádicos que se adoitan dar ao longo do día, fóra dos períodos descritos, serven como desafío territorial a outros galos, para atraer ás femias próximas e como sinal de aviso en xeral. Tamén pode deberse a algún disturbio ao seu ao redor. Normalmente é un son máis de tipo violento ou alerta.
 
O galo emite ademais outros sons, esta vez xa parecidos aos que emite a femia da súa especie, chamados [[cacarexo]]s, e a onomatopea usada para describilos é "clo-clo" ou "cocó". Este son emíteo sobre todo cando se propón fecundar a algunha femia, ou cando atopa comida, para chamar ao resto do galiñeiro.<ref>{{DRAG|cacarexo}}</ref>
Liña 63:
[[Ficheiro:Chicken eggs.jpg|miniatura|Os [[ovo (bioloxía)|ovos]] poden ter diversas tonalidades, segundo a raza.]]
 
As galiñas poñen cada día durante varios días un ovo, no que se desenvolve o [[embrión]],<ref>[{{Cita web |url=http://www.granjacanales.com/index_archivos/mundogallina.htm |título=Consultado o 24 de xaneiro de 2009] |data-acceso=01 de outubro de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130513220249/http://www.granjacanales.com/index_archivos/Mundogallina.htm |dataarquivo=13 de maio de 2013 |urlmorta=si }}</ref> que [[incubación dos ovos|incubarán]] ata que naza, daranlle calor e rotarán a súa posición durante 21 días. Coñécese como ''[[galiña choca]]'' a aquela que deixa de pór ovos e céntrase en incubalos e protexelos.
 
O embrión nútrese da [[xema de ovo|xema]], que penetra no seu interior por medio do [[embigo]]. Ao termo do primeiro día o sistema circulatorio xa será operativo dentro do ovo, e a cabeza comezará a tomar forma. Ao quinto día fórmanse os [[órganos sexuais]], ao décimo terceiro comézase a calcificar o [[esqueleto]] usando o [[calcio]] da [[casca de ovo|casca do ovo]], e aos 21 días o pito está completamente desenvolvido para comezar a romper a casca, o cal lles pode levar de 10 a 20 horas. A galiña cacarexará ao ouvir piar aos [[pito]]s, para motivalos a saír do ovo.
Liña 72:
[[Ficheiro:Egg incubator.jpg|miniatura|Incubadora de ovos.]]
 
Os ovos de galiña poden incubarse de maneira artificial con resultados satisfactorios.<ref>[{{Cita web |url=http://www.reduc.edu.cu/147/04/1/14704109.pdf |título=Consultado o 24 de xaneiro do 2009.] |data-acceso=01/10/2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120119071026/http://www.reduc.edu.cu/147/04/1/14704109.pdf |dataarquivo=19/01/2012 |urlmorta=si }}</ref> Practicamente todos os pitos sairán do ovo en aproximadamente 21 días en condicións apropiadas de temperatura (37 [[grao Celsius|°C]]) e [[Humidade|humidade relativa]] (55%; elévase até o 70% nos tres últimos días, a fin de abrandar a casca).
 
Moitas [[incubadora]]s artificiais de tamaño industrial poden incubar miles de ovos ao mesmo tempo, incluíndo rotacións totalmente automatizadas para os ovos.
Liña 149:
[[Ficheiro:Gallus gallus male Kaziranga 1.jpg|miniatura|Os pitos domésticos son descendentes dos galos silvestres do sueste asiático.]]
 
Considérase ao galo bankiva (''[[Gallus gallus]]''), do [[sueste asiático]], como o devanceiro dos galos e galiñas domésticos, con algo de hibridación do galo gris (''[[Gallus sonneratii]]'').<ref name= Eriksson>{{Cita web | doi = 10.1371/journal.pgen.1000010.eor | last1 = Eriksson | first1 = Jonas | last2 = Larson | first2 = Greger | last3 = Gunnarsson | first3 = Ulrika | last4 = Bed'hom | first4 = Bertrand | last5 = Tixier-Boichard | first5 = Michele | last6 = Strömstedt | first6 = Lina | last7 = Wright | first7 = Dominic | author8 = Eriksson J, Larson G, Gunnarsson U, Bed'hom B, Tixier-Boichard M, et al | last9 = Vereijken | first9 = Addie | title = Identification of the Yellow Skin Gene Reveals a Hybrid Origin of the Domestic Chicken | publisher = PLoS Genet | pages = e10 | volume = preprint | date = 23 de enero de 2008 | journal = ''PLOS Genetics'' | url = http://genetics.plosjournals.org/perlserv/?request=get-document&doi=10.1371%2Fjournal.pgen.1000010.eor&ct=1 | displayauthors = 8 | last10 = Randi | first10 = Ettore | last11 = Jensen | first11 = Per | last12 = Andersson | first12 = Leif | issue = 2008 | data-acceso = 02 de outubro de 2015 | urlarquivo = https://archive.today/20120525080505/http://www.plosgenetics.org/article/info:doi/10.1371/journal.pgen.1000010 | dataarquivo = 25 de maio de 2012 | urlmorta = si }}</ref> A domesticación produciuse no sueste asiático polo menos hai 7.400 anos a partir do grupo nativo, e difundiuse en ondas tanto ao leste como ao oeste.<ref name="Storey" /> Os primeiros restos arqueolóxicos indiscutidos de pitos domésticos corresponden a uns ósos de aproximadamente 5400 a.C. asociados a un sitio arqueolóxico en [[Chishan]], na provincia [[China|chinesa]] de [[Hebei]]. Na rexión do [[Ganxes]], na [[India]], os galos bankiva eran usados polos humanos xa hai 7000 anos. En cambio, non se identificaron pitos domésticos máis antigos de 4000 anos no [[val do Indo]], aínda que aínda se debate a antigüidade dos pitos atopados nas [[escavación]]s de [[Mohenjodaro]].<ref name="Storey">[http://www.plosone.org/article/info%3Adoi%2F10.1371%2Fjournal.pone.0039171 Investigating the Global Dispersal of Chickens in Prehistory Using Ancient Mitochondrial DNA Signatures], Alice A. Storey et al; ''[[PLOS ONE]]'', julio de 2012, Volumen 7, número 7, e39171; Consultado el 6 de agosto del 2012.</ref>
 
[[Ficheiro:Teanum Sidicinum Minerva Æ 2210342.jpg|miniatura|esquerda|Galo nunha moeda grega do [[século -III|século III a. C.]]]]