Diferenzas entre revisións de «Valle de los Caídos»

m (→‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|)
Etiqueta: edición de código 2017
Aínda que o monumento foi concibido teoricamente para honrar os mortos tanto franquistas como republicanos, en realidade ten unha clara apoloxía [[Franquismo|franquista]]. O monumento ten a inscrición ''Caídos por Dios y por España'' (Caídos por Deus e por España) e abondosa simboloxía do réxime. A súa construción foi anunciada por [[Francisco Franco]] o día [[1 de abril]] de [[1939]], o mesmo no que acabou a Guerra.
 
A orixe dos enterrados no Valle de los Caídos é incerto. Aínda que existen arquivos con aproximadamente a metade dos defuntos, descoñécese a identidade dos outros. Foron recollidos de moitos campos de batalla como os de [[Batalla de Brunete|Brunete]], Grado, Gandesa, [[Batalla de Teruel|Teruel]] e a [[Batalla do Ebro]], entre moitos outros.
 
Para a súa construción utilizáronse presos políticos, aos que prometeron unha redención de pena a cambio de traballo e un pequeno salario. Non obstante, moitos deles morreron na súa construción debido á falta de medios técnicos e á pouca seguridade.
47.568

edicións