Terra: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
→Campo magnético: non saiu ben a imaxe |
m →Lúa: arranxiños en cita |
||
Liña 399:
A atracción gravitatoria entre a Terra e a Lúa é o feito que causa as diferentes [[marea]]s na Terra. O mesmo efecto na Lúa deu lugar ao seu [[acoplamento de marea]], o que significa que o seu período de rotación é idéntico ao seu período de translación ao redor da Terra. Como resultado, a lúa sempre presenta a mesma cara cara ao noso planeta. A medida que a Lúa orbita a Terra, diferentes partes da súa cara son iluminadas polo Sol, dando lugar ás diferentes [[Fase lunar|fases lunares]]. A [[Cara oculta da Lúa|parte escura]] da cara está separada da parte iluminada do [[Terminador (solar)|terminador solar]].
A Lúa puido afectar de forma importante o desenvolvemento da vida, moderando o clima do planeta. Evidencias [[Paleontoloxía|paleontolóxicas]] e simulacións computarizadas mostran que a inclinación do eixe terrestre está estabilizado polas interaccións de marea coa Lúa.<ref name=aaa428_261>{{Cita publicación periódica|display-authors=1|
Vista desde a Terra, a Lúa está xusto a unha distancia que fai que o tamaño aparente do seu disco sexa case idéntico ao do Sol. O [[diámetro angular]] (ou [[ángulo sólido]]) destes dous corpos coincide porque aínda que o diámetro do Sol é unhas 400 veces máis grande que o da Lúa, tamén está 400 veces máis distante.<ref name="angular" /> Isto permite que na Terra se produzan as [[eclipse solar|eclipses solares]] totais e anulares.
|