Tapiz de Bayeux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 65:
 
=== Lugar de fabricación ===
Se unha maioría de historiadores concordan en pensar que foi efectivamente Odo quen encargou este bordado, a identidade dos bordadores ou bordadoras segue a ser obxecto de debate. Segundo unha lenda que data do seu re-descubrimento no século XVIII, tería sido confeccionado pola raíña Matilde, coa axuda das súas damas de compañía. No século XIX xurdiu a idea que o tapiz fora fabricado nun obradoiro de bordado inglés. A comezos do século XX, dous franceses, un erudito local de Bayeux, Eugène Anquetil, e Albert Levé defenden a tese dunha orixe normanda.<ref>François Neveux, '' Les grands débats concernant la tapisserie (XIXe-XXe siècle)'' en: {{Cita Harvard sen parénteses|Bouet|Levy|Neveux|2004|p=20}}.</ref> Trala publicación en 1957 do ensaio de Francis Wormald, que emprende o establecemento dunha ligazón estilística entre o tapiz e as miniaturas do [[Salterio de Utrecht]] e os seus avatares anglosaxóns do século XI,&nbsp;<ref>Francis Wormald, ''La conception artistique'' en {{Cita Harvard sen parénteses|Stenton|1957|p=27-30}}.</ref> a causa parece quedar admitida;<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Carson Pastan|White|Gilbert|2014|p=65}}.</ref><ref>françois Neveux, ''Les grands débats concernant la tapisserie (XIXe-XXe siècle)'' en: {{Cita Harvard sen parénteses|Bouet|Levy|Neveux|2004|p=22}}.</ref> a inmensa maioría dos investigadores concordan en pensar que o "bordado de Hastings" foi confeccionado en Inglaterra. Subliñan que as bordadoras inglesas gozaban dunha gran reputación no século XI, e así testemuña Guillerme de Poitiers, tamén normando. Despois de Francis Wormald, subliñan tamén as grafías anglo-saxonas nas inscricións. En canto ao lugar preciso, segundo os autores, podería ser Winchester, noen [[Hampshire]], e máis probabelmente [[Canterbury|Cantérbury]], noen [[Kent, Inglaterra|Kent]], na abadía de Saint-Augustin, inmediatamente despois da batalla, e a súa confección tería durado uns dous anos,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Musset|2002}}.</ref> como demostra a realización, entre 1885 e 1886, dunha copia da obra pola Leek Society, traballo colectivo dunhas corenta bordadoras experimentadas, que necesitaron dezaoito meses para realizar a obra en base a fotografías.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Carson Pastan|White|Gilbert|2014|p=19}}.</ref> Tendo en conta, ademais, que o suposto patrocinador do tapiz, Odo, era benfeitor da abadía, outros argumentos de orde estilístico militan a favor desta hipótese: hai afinidades ente o tapiz e varios manuscritos producidos no scriptorium de Saint-Augustin. Grazas a arquivos sabemos tamén que dous personaxes secundarios, Wadard e Vital, eran tenentes da abadía de Saint-Augustin.
 
Dous especialistas mostráronse recentemente en contra da teoría inglesa: