Tapiz de Bayeux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 61:
[[Ficheiro:Odo_of_Bayeux.jpg|alt=tapisserie : Odon|esquerda|miniatura|Odo de Bayeux, bispo de Bayeux de 1049 a 1097 – escena 44.]]
[[Odo de Bayeux]] (medio-irmán de [[Guillerme I de Inglaterra|G]]<nowiki/>uillerme o Conquistador e bispo de Bayeux de 1049 a 1097)adoita ser identificado como o patrocinador do Tapiz de Bayeux.<ref name="Neveux7"/>{{,}}<ref name="Bates">David R. Bates, « The Character and Career of Odo, Bishop of Bayeux (1049/50-1097) », en ''Speculum'', vol.&nbsp;50, (1975)</ref> A suposición baséase en varios indicios.<ref name="ANS1">N. P. Brooks, H. E. Walker, « The authority and Interpretation of the Bayeux Tapestry », en ''Anglo-Norman Studies I: Proceedings of the Battle Conference 1978'', editores R. Allen Brown & Marjorie Chibnall, publicado por Boydell & Brewer, 1979, 1-34.</ref> En primeiro lugar, no tapiz noméanse, fóra dos personaxes históricos (Harold Godwinson, Eduardo o Confesor, Guillerme o Conquistador etc.) e da misteriosa Ælfgyva, só tres persoas: Wadart, Vital e Turold.<ref name="ANS1"/> Estes non se mencionan en ningunha outra fonte contemporánea da batalla de Hastings.<ref name="ANS1"/> E parece que eses homes son todos tenentes de Odo en [[Kent, Inglaterra|Kent]],<ref name="ANS1"/> sinal de que formaban parte dos homes que Odo levou á batalla. Por outra parte, o tapiz mostra a Harold Godwinson prestando xuramento de fidelidade ao duque Guillerme, sobre santas reliquias, en Bayeux, prometendo axuda]] para que este consiga o trono inglés.<ref name="Bates"/>{{,}}<ref name="ANS1"/> Orderico Vital sitúa o acontecemento en [[Ruán|Rouen]], e Guillerme de Poitiers en Bonneville-sur-Touques. Ademais, o papel de Odo en Hastings case non se menciona nas fontes non ligadas a Bayeux.<ref name="Bates"/> A inmensa maioría de historiadores conclúen que Odo é o único en ter os medios financeiros para patrocinar unha obra tan xigantesca, que mencione os seus tenentes e mais as reliquias de Bayeux.<ref name="ANS1"/>.
 
Tamén aparecen ás veces novas teses con respecto ao patrocinador.<ref name="ReferenceA" /> Segundo unha delas, a raíña Edith, viúva de Eduardo o Confesor e irmá de Harold sería a patrocinadora: o tapiz podería ter sido un medio de afirmar a súa lealtade a Guillerme, e ao mesmo tempo a súa oposición a Harold. Pola súa parte, Andrew Bridgeford inclínase por outro candidato, Eustaquio II, conde de Boulogne, que tamén tiña asuntos que facerse perdoar por Guillerme.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Bridgeford|2005|p=338}}.</ref> Ningunha destas dúas novas teses recibiu a adhesión da comunidade académica.