El Niño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Amplío introdución a partir de es:El Niño
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 6:
 
O nome de "El_Niño" débese á asociación deste fenómeno coa chamada [[corrente do Neno]], anomalía xa coñecida polos [[pesca]]dores do porto de [[Paita]], no norte de Perú, quen observaron que as augas aumentaban a súa temperatura durante «a época das [[Nadal|festas navideñas]]» (de aí a designación, referíndose ao “Neno Xesús”, relacionado co [[Nadal]]. ) e os [[cardume]]s ou bancos de peixes desaparecían da superficie oceánica, deducindo que dita anormalidade era debida a unha corrente de aire quente procedente do [[golfo de Guaiaquil]] ([[Ecuador]]).
 
Os primeiros rexistros oficiais do fenómeno foron comunicados polo capitán peruano Camilo Carrillo en [[1892]], quen notou a existencia periódica dunha corrente mariña cálida nas costas de Perú, de augas normalmente moi frías, que se repite cada certo tempo e agora comprobouse que é cíclica, repítese cada 8 anos con diferente intensidade.
 
Existen outros acontecementos interesantes relacionados cos anos máis intensos de El Niño. Entre [[1789]] e [[1793]], o historiador británico Richard Grove relata que varios observadores da época informaron de graves secas en [[Asia]], [[Australia]], [[México]] e o [[Suráfrica|sur de África]], polo que se sospeita que dito fenómeno puido ter causado a fame que precedeu á [[Revolución Francesa]]. Entre [[1791]] y 1793 en México baixou o nivel do [[lago de Pátzcuaro]].<ref>Murray-Tortarolo, G. y Murray-Prisant, G. (2014). Vuelve el niño. ''¿cómo ves?''. 16 (190), 22-23.</ref>
 
O meteorólogo [[Jacob Bjerknes]] postulou en 1969 que El Niño está normalmente relacionado coa [[Oscilación do Sur]] ou Meridional, xa que está presenta unha relación física entre a fase de alta presión anómala no Pacífico occidental, coa fase de quecemento pouco frecuente do Pacífico oriental, o que vai acompañado cun debilitamento dos ventos alisios do leste; polo que a baixa presión do Pacífico occidental vincúlase cun enfriamento do Pacífico oriental (fenómeno La Niña), co fortalecemento dos ventos do leste.