Faustino Vázquez Carril: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 5:
Fillo de José Ramón Vázquez Gayoso, que chegou a ter unha pequena empresa de calzado, foi o sexto de nove irmáns. Criouse no barrio monfortino de Santa Clara, estudou no colexio dos Escolapios ata os 15 anos e ao deixar a escola traballou como barbeiro. Militou en equipos modestos de fútbol e colaborou co periódico ''[[El Eco Deportivo]]'' da Coruña. A situación económica levouno a ingresar no exército como forma máis segura de gañarse a vida. Sen vínculos políticos, simpatizaba con [[Manuel Azaña]]. Cando se produciu a [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] estaba destinado no Parque Divisionario nº 8 de Galicia, foi detido en Monforte mentres estaba de permiso. Foi liberado e incorporase ao exército sublevado quedando encadrado como soldado artilleiro, e participou coas [[columnas galegas]] na Guerra en Galicia e no camiño a [[Asturias]].
 
Coa morte do seu padre, seis días antes de iniciarse a guerra, Faustino iniciou un caderno de reflexións e apuntamentos que rematou chamando ''Apuntes de mi blok (Diario bélico-Guerra Civil Española 1936-37)''. Nel reflectiu canto vía e sentía, case todo relacionado coa fronte de guerra na que se encontraba. Os seus comentarios eran críticos contra algúns dos militares sublevados ([[Francisco Franco|Franco]] e [[Gonzalo Queipo de Llano|Queipo de Llano]] entre eles) e admirativos cara outros. O avance da guerra e as consecuencias desta, especialmente os fusilamentos, levárono a razoar contra a mesma e os seus causantes. Mostrouse especialmente duro cos [[Falange Española de las JONS (1934)|falanxistas]], aos que vía como "chulos de Cantones", en referencia ao lugar da Coruña onde acostumaban pasear<ref>[httphttps://web.archive.org/web/20110516075905/http://www.lavozdeasturias.es/asturias/oviedo/Diario-guerra_0_481151962.html Diario de una guerra], ''La Voz de Asturias'', 15 de maio de 2011.</ref>.
 
Ferido en combate, mentres se recuperaba nun hospital de campaña, os seus cadernos foron obxecto de exame por oficiais do exército. Detido e xulgado en [[consello de guerra]] na Coruña, foi condenado a morte o [[15 de abril]] de [[1937]] e executado o 10 de maio en Punta Herminia.