Ghena Dimitrova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
correccións ortográficas
Liña 6:
== Traxectoria ==
Despois de rematar os estudos no Conservatorio de [[Sofía, Bulgaria|Sofía]], comezou a ensinar Canto. O seu debut chegaría o [[27 de decembro]] de [[1967]], como Abigaille, no ''[[Nabucco]]'', de [[Giuseppe Verdi|Verdi]], nunha produción da Ópera Nacional de Bulgaria, a raíz de que outras dúas sopranos se tivesen retirado.
Nas primeiras gravacións, a voz de Dimitrova aínda non tiña acadado a súa distintiva grandeza, e en moitas das primeiras producións de Nabucco o derradeiro '' sobreagudo''<ref>Nota que, na escala musical, corresponde á designada como ''<sub>6</sub>'' (segundo o [[Índice acústico científico | Índice acústico internacional]]), ou como ''<sub>5</sub>'' (segundo o [[Índice acústico franco-belga]])</ref> opcional é omitido na parte da [[cabaletta]] (''Salgo già del trono aurato''), nota musical que si incluiría en épocas posteriores da súa carreira, de tal xeito que se chegaría a converter nun referente para futuras intérpretes desa [[aria]].<ref>{{Cita novas |título= Ghena Dimitrova | url=https://www.operamusica.com/artist/ghena-dimitrova/competitions#biography | lingua=en |xornal= Opera Musica |data= }}</ref>
 
A súa voz de inmenso caudal fíxoa favorita de audiencias internacionais nos roles de Abigaille e Turandot (en ''[[Turandot]]'', de [[Giacomo Puccini|Puccini]]), causando sensación con este rol en Treviso, en 1975.